Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu unha reunión informativa con axentes da propiedade inmobiliaria da cidade, convocada polo Goberno Municipal, para impulsar o Programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia.

Este encontro estivo presidido polo alcalde, Jesús Vázquez, e polo director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García. Tamén participou nesta reunión o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, así como técnicos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e do propio Concello.

O obxecto da reunión foi expoñer as particularidades deste Programa de Vivendas Baleiras, onde a Xunta aporta ata o 70% do custe do aluguer, ata un máximo de 350 euros. Na cidade están postas a disposición deste programa un total de 3 vivendas, habendo ademáis 26 solicitudes para optar a elas. O alcalde, Jesús Vázquez, agradeceu á Xunta a posta en marcha deste programa e manifestou a súa importancia para dotar de vivendas ás familias que así o precisan, con toda garantía para os seus propietarios.

Ourense, o primeiro de toda Galicia

Pola súa banda, o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, salientou que o Concello de Ourense foi o primeiro en adherirse a este programa da Xunta de Galicia, e salientou o traballo desenvolvido pola administración local ourensá para xestionalo. Asemade, destacou a importancia da reunión polo que supuxo: dar a coñecer aos axentes inmobiliarios este programa para que os propietarios de vivendas baleiras da cidade se acollan a esta iniciativa de marcado carácter social.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.