A rúa Casilla mellora o estado de seu firme e canalizacións cunha inversión de 52.388 euros
Detalles
O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron as obras realizadas na rúa Casilla para a mellora da interseción peonil frente a rúa Xesús Pousa, a mellora do firme deteriorado e a canalización da auga, e que contan cun orzamento base de 52.388´84 euros.
Obxetivos do Proxecto
Mellora da intersección peonil frente a rúa Xesús Pousa.
Mellora do firme deteriorado.
Canalización da auga.
Favorecer un tránsito máis seguro.
Actuacións a executar
Saneo da franxa deteriorada na marxe sur da rúa da Casilla.
Mellora do firme existente na rúa da Casilla e entronque inicial coa rúa Chavasqueira, mediante barrido da superficie, a aplicación dunha rega de adherencia e a extensión dunha nova capa de rodadura.
Reparación do firme na segunda intersección coa rúa Chavasqueira, mediante demolición do pavimento existente e a execución dunha nova sección.
Efectuouse unha previsión de fresado do firme existente no entronque inicial coa rúa Xesús Pousa e tamén no entroque final co camiño San Paio, para mellorar o “cosido” na xunta co pavimento de formingón existente. (en ningún dos casos se modificará a cota actual da rasante)
Demolición e reconstrución da soleira de formigón existente fronte á edificación existente na marxe esquerda, no treito inicial da rúa.
Execución de sendas canaletas de formigón nos entronques coas rúas Xesús Pousa e Chavasqueira, para a recollida de augas de escorrenta no treito inicial, e conexión coa rede de saneamento municipal existente.
Execución dunha cuneta lateral de formigón na marxe esquerda e rematada contra o firme á nova cota da rasante, para a canalización de augas de escorrenta na segunda metade da rúa, e cruce de augas hacia a marxe dereita.
Execución de rebaixes nas beirarrúas no paso de peóns situado no entronque coa rúa Xesús Pousa, e franxa de pavimento acanalado con dimensións que cumpran a normativa vixente da accesibilidade. Para elo será preciso ampliar a beirarrúa que descende pola rúa Xesús Pousa na zona curva da intersección. O pavimento dos novos treitos de beirarrúa a construir debe ser coherente co existente na actualidade. Os bordillos rebaixados no paso non levantarán máis de 1 cm respecto á cota do pavimento.
Pintado de marcas viais tanto ao longo da rúa como no paso de peóns do entronque coa rúa Xesús Pousa, e colocación de sinalización vertical axeitada.
Dótanse partidas para a xestión dos residuos de construción e demolición xerados durante as obras, segundo o estudo incluído no Anexo VII.
Contémplase unha partida alzada para a adopción das medidas oportunas relativas á seguridade e saúde durnate as obras, segundo os criterios expostos no Estudo Básico de Seguridade e Saúde.
Indicador 49. Contratos menores realizados polo Concello. Acceda á Plataforma de Contratación do Estado, e seleccione a ficha "Documentos" para acceder a información sobre os contratos menores.
Indicador 50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.
Indicador 53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.
Indicador 54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)
Indicador 71. Indicadores: Inversión en infraestruturas por habitante, Proporción de ingresos de Urbanismo sobre os ingresos totais, Ingresos urbanísticos.
RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:
Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.