Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Área de Rexeneración e Renovación Urbana -ARRU- O Polvorín, Camelias, A Carballeira, vivirá un impulso de actividade cos 12 proxectos seleccionados, logo da súa aprobación, o pasado xoves, pola xunta de goberno local do Concello de Ourense, e que lles serán remitidos ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa cualificación provisional e, se procede, outorgamento da subvención: en total, outorgaranse 216.657,99 euros.

Hai, ademais, outros dous proxectos presentados por diversos propietarios que quedan en lista de agarda pendentes da ampliación de actuacións por parte do Ministerio de Fomento.

No ARRU do Casco Histórico serán 3 os expedientes seleccionados por un importe total de 47.800 euros, quedando un pendente da obtención de título administrativo. Pola súa banda, no ARRU San Mamede – Cruceiro Quebrado, haberá unha actuación prevista cunha achega de 13.000 euros. O último dos ARRUS do Concello de Ourense, o de Seixalbo, esgotou os 44.000 euros de axudas na primeira convocatoria, a de 2015. Todos estes fondos repártense en función das solicitudes presentadas pola administración local, e son achegados polo Ministerio de Fomento e polo IGVS.

Logo de comunicar ao IGVS as actuacións previstas presentando a documentación acreditativa, será a propia administración local a encargada de realizar o reparto dos fondos entre as mesmas. Así mesmo, será o Concello de Ourense quen se encargue de regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación.

O Ministerio de Fomento, a través do Plan Estatal de Vivenda, habilitou 1 millón de euros para a cidade de Ourense na primeira convocatoria, sendo a cidade que máis fondos percibe de Galicia xunto con Vigo. Pola súa banda, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, mobilizara preto de 3 millóns de euros para a recuperación de zonas degradadas da cidade de Ourense.

En total, foron 175 as vivendas e edificios que entraban dentro desta convocatoria: 45 no Casco Histórico, 4 en Seixalbo, 111 en Polvorín-Camelias-A Carballeira e 15 en Serra de San Mamede-Cruceiro Quebrado-A Inmaculada.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.