Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense recibirá 1.383.739,19 euros para as catro Áreas de Rehabilitación Integral (ARI). Seixalbo, Casco histórico, Polvorín-Camelias-A Carballeira e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-A Inmaculada son as zonas delimitadas en Ourense. Poderán beneficiarse das axudas os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazadas no ámbito das ARI que as rehabiliten.

Por este motivo, celebrarase un pleno extraordinario urxente para asinar os convenios de colaboración entre o Ministerio de Fomento, o IGVS e o Concello de Ourense en materia de actuacións nos ARRU do Casco histórico de Ourense (15ª fase), ARRU do NIE de Seixalbo (10ª fase), ARRU do Polvorín, Camelias e Carballeira (4ª fase), e ARRU de Serra San Mamede, Cruceiro Quebrado e Inmaculada (2ª fase).

“Esta inxección económica é fundamental para a rehabilitación, reforma e mellora de vivendas nas catro áreas de Rehabilitación Integral da nosa cidade. Estamos a falar de melloras substancias en accesibilidade, aillamento e mellora de fachadas, entre outras obras que se poden acoller a esta liña de axudas”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

Unha vez comunicados os fondos do reparto correspondente aos obxectivos de 2017, os concellos deberán comunicar ao IGVS as actuacións previstas, presentando a documentación acreditativa. No caso de concellos que dispoñen de máis dunha ARI declarada no seu ámbito, como é o caso do da cidade de Ourense, será a propia administración municipal a encargada de realizar o reparto dos fondos entre as mesmas. O concello de Ourense actualmente ten declaradas catro Áreas de Rehabilitación Integral: Seixalbo, Casco histórico, Polvorín-Camelias-A Carballeira e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-A Inmaculada.

O Concello de Ourense será o encargado de regular os prazos para a presentación de solicitudes por parte dos propietarios de vivendas interesados na súa rehabilitación.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.