Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense vén de realizar un importante avance nas políticas municipais de posta en valor dos barrios da cidade nas catro áreas de rehabilitación e reforma urbana (ARRU); O concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, resolveu esta mañá o programa de subvencións para un total de 96 proxectos. Estas obras suporán un investimento total de 1.022.366,28 euros, dos que 433.219,42 euros serán subvencionados polo Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia a través deste programa que desenvolve o Servizo de Rehabilitación do Concello.

“Froito do traballo da do Servizo de Rehabilitación, aprobamos a resolución das convocatorias de subvencións realizada polo Concello para darlle apoio aos proxectos de rehabilitación de vivendas que se desenvolverán nas 4 áreas de rehabilitación da cidade, as tecnicamente coñecidas como ARRUS: o centro histórico, o núcleo etnográfico de Seixalbo, a área O Polvorín-As Camelias- A Carballeira e a integrada por Serra Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada”, valoraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

“No mes de abril lanzamos unha convocatoria para que as persoas interesadas en executar obras de rehabilitación de vivendas e edificios nestas áreas tivesen a oportunidade de acceder ás axudas”, dixo Vázquez Abad. “Unha vez avaliadas tecnicamente as solicitudes, hoxe aprobamos a resolución na que se recoñece o dereito a percibir as subvencións polos proxectos de rehabilitación destas 96 vivendas, e remítense ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a súa cualificación e, se procede, ao outorgamento da subvención”.

Este programa, para a realización de obras de mellora no interior das vivendas e en elementos comúns de edificios, seguirá ao longo dos próximos anos grazas ao novo Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, cuxo desenvolvemento foi aprobado vai hoxe unha semana polo Consello de Ministros.

Centro histórico. Concédense axudas para a rehabilitación de 19 vivendas, que suporán un investimento de 184.391,36 euros. Nesta convocatoria, a número 15 xa deste programa, as subvencións ascenderán a 67.917,51 euros.

Na zona vella falamos dunha resolución parcial, xa que aínda que hai solicitudes presentadas, non todas presentaron toda a documentación necesaria, polo que haberá proximamente outra resolución, para outras 11 vivendas, que suporán un investimento de 37.763,80 euros.

No núcleo etnográfico de Seixalbo, onde xa estamos na décima fase do programa de rexeneración e renovación urbana, recoñécense o dereito a ser seleccionados 5 proxectos de rehabilitación de vivendas, cun investimento total de 163.443,77 euros. As axudas ascenderán a 37.351,74 euros.

Na ARRU O Polvorín, As Camelias, A Carballeira (que se atopa na 4º fase), recoñécese o dereito a ser seleccionados os proxectos de rehabilitación de 73 vivendas. Suporán un investimento total de 584.096,23 euros, dos que as subvencións achegarán 237.515,25 euros.

Nesta área, o número de solicitudes supera o máximo de vivendas incluídas na convocatoria. Por este motivo creamos unha lista de agarda. A ela acudirase se algunha das seleccionadas non acadara a cualificación provisional por parte da Xunta ou se asinase unha addenda ao convenio que aumentara o número de vivendas. As solicitudes en lista de agarda teñen un orzamento total de 157.286,13 euros.

Finalmente, en Serra Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada (na súa segunda fase) selecciónanse proxectos de rehabilitación de 9 vivendas, cun investimento previsto de 90.434,92 euros, dos que as subvencións achegarán 39.979,46 euros.

Neste caso, o número de vivendas concedidas para esta fase eran 20, só se resolven 9, polo que as 11 restantes quedan desertas por falta de solicitudes.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.