Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense abre desde mañá, sábado, día 13 de xullo o prazo para solicitar subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Rexeneración e renovación urbanas (ARRU) do Concello de Ourense: centro histórico, núcleo etnográfico de Seixalbo, O Polvorín-As Camelias-A Carballeira, e Serra San Mamede-Cruceiro Quebrado-Inmaculada. As persoas interesadas poden consultar no Boletín Oficial da Provincia de hoxe, 12 de xullo, e na páxina web do Concello www.ourense.gal as bases e obter os formularios para solicitar as axudas. O prazo para presentar solicitudes estará aberto até o día 13 de xullo do ano 2020.

O programa de subvencións conta cun orzamento total de 1.548.825,39 euros.

As axudas darán apoio a intervencións de rehabilitación de edificios e vivendas que se desenvolvan nas áreas de rehabilitación do centro histórico (16ª fase), cun orzamento de 350.825,39 euros, O Polvorín - As Camelias - A Carballeira (5º fase) 910.000 euros, Seixalbo (11ª fase) 108.000 euros e San Mamede-Cruceiro Quebrado - Inmaculada, 180.000 euros.

As axudas xorden dos acordos ca comisión bilateral, asinados o 29 de outubro de 2018 polo Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense para o financiamento de distintas áreas de rexeneración e renovación urbanas (ARRU, anteriormente denominadas ARI) declaradas no termo municipal.

As persoas interesadas poden obter máis información e obter os modelos de solicitudes en Máis información e modelos de solicitude de axudas ARRU

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.