Oito familias ourensás recibiron esta mañá as chaves das vivendas protexidas construídas pola Xunta de Galicia coa colaboración do Concello, no barrio de Covadonga. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez e o tenente de alcalde do Concello de Ourense, Jorge Pumar, asistiron ao acto de entrega dos inmobles a outras tantas familias que previamente se inscribiran no Rexistro de demandantes de vivenda.
As vivendas teñen unha superficie media de 80 m2, polo que constan de tres dormitorios; ademais de garaxe e rocho; e polo que o alugueiro será de entre 112,66 e 119,10 euros ao mes.
Jorge Pumar asegurou que “o equipo de goberno ten unha aposta polo asentamento de poboación na cidade e para ter o Ourense verde e sostible que queremos potenciar é clave a cooperación entre as administracións”, reseñando que estas vicendas son un exemplo, como as actuacións realizadas recentemente no centro histórico e outros proxectos que proximamente se desenvolverán.