Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, valora o compromiso do goberno coa mellora das condicións de accesibilidade en edificios de diferentes zonas da cidade, cunha “importante incidencia na calidade de vida de milleiros de ourensáns”, e que se concreta na concesión de licenzas para a instalación de ascensores. Os datos relativos á concesión de estas licenzas indican que no que vai de ano foron 40, contando coas que se aprobarán na xunta de Goberno local que se celebra mañá. 80 no que vai de mandato.

O rexedor pon en valor o traballo que realiza a Concellería de Urbanismo, e sobre todo a súa responsable, Sonia Ogando, que axilizou un proceso que permitirá que moitas persoas, especialmente as que contan con limitacións de mobilidade e maiores en xeral, poidan contar con un elemento tan necesario para poder acceder ás súas vivendas. “É unha preocupación do goberno e a vez unha prioridade para a concelleira”, explica Sonia Ogando, que espera se poda seguir avanzando, e desa forma darlle resposta ás necesidades e ás peticións que chegan ao departamento de Urbanismo.

Cómpre subliñar que se trata de actuacións que contan co amparo do Plan Estatal de Vivienda 2018-2021, a través de axudas para a rehabilitación de edificios e vivendas nas Áreas de Reforma e Rehabilitación en zona Urbana (ARRUS), e que conta cun orzamento de algo mais de 1,5 millóns de euros. Unhas axudas que darán apoio a intervencións que se desenvolvan nas catro áreas de rehabilitación: a do centro histórico -que chega á fase 16-, cun presuposto de 350.825,39 euros; O Polvorín, As Camelias, A Carballeira- que se atopa na 5ª fase- cunha contía económica de 910.000 euros; a de Seixalbo –fase 11-, e cunha axuda de 108.000 euros; mentres que a área de San Mamede - Cruceiro Quebrado conta con 180.000 euros para axudas ás actuacións solicitadas.

Deste xeito, a concelleira de Urbanismo lembra que a estes programas de axudas poden acercar financiamento dende un mínimo do 40% ata un máximo do 85% do investimento que se vaia realizar, en función das circunstancias persoais de quen as solicite, para proxectos de reforma de baños, cociñas, tellados, cambio de fiestras, instalación de illamento, renovación de fachadas, e sobre todo, a colocación de ascensores que permita un mellor acceso ás vivendas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.