O alcalde quere “retomar o diálogo” e avanzar nos trámites e “acelerar os tempos” para a aprobación do novo planeamento urbanístico da cidade. “Temos que tentar sacar esta cidade adiante e ímolo conseguir porque é un tema vital”, asegura o rexedor, quen pretende buscar un “consenso·que permita o novo documento sexa aprobado polo Pleno do Concello.
A este respecto, lembra que “no seu día denunciamos que non se podía dar a aprobación provisional en xunta de goberno local. Se ben é certo que nós agora temos o control da xunta de goberno, non iremos contra as nosas palabras. Queremos que o plan se aprobe en pleno e polo tanto é necesario chegar a un consenso. Por iso, para retomalo e definir a folla de ruta cara unha aprobación futura e acelerar os tempos ao máximo convocamos os grupos municipais para reunirnos cos técnicos municipais e traballar no PXOM”.