Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, propúxolles aos grupos municipais a expropiación do edificio María Goretti durante a comisión de Urbanismo celebrada esta mañá no salón de plenos, logo de ser preguntado polo estado no que se encontra o inmoble.

Esta casa foi mercada, en parte, polo Concello de Ourense na etapa do goberno presidido por Francisco Rodríguez, en xaneiro de 2010, cando se negociou a compra do inmoble con parte dos herdeiros por 420.000 euros. Para o alcalde, Gonzalo Jácome, “este é un problema herdado, froito dunha inepcia do anterior goberno socialista, ao mercar unha casa a unha parte dos seus donos, e que seguimos arrastrando”.

Amais, denuncia o rexedor, o Concello leva gastado en preitos derivados desta compra máis de 200.000 euros, “é dicir, non só levamos gastado máis de 400.000 euros polo custo da casa, senón tamén o custo das costas xudiciais”.

A proposta de Pérez Jácome para pórlle fin a este problema pasa pola expropiación da parte deste edificio antes que “arriscarse a perder outros 100.000 euros en costas xudiciais, no suposto en que futuras resolucións xudiciais non lles sexan favorables ao Concello”. Tamén se estudou a posibilidade da venda da parte do inmoble que xa é propiedade do Concello, se ben o resto de grupos está máis de acordo na opción proposta da expropiación pois, a día de hoxe, sería “difícil recuperar o prezo pagado por ela máis os custos derivados desta compra errada”.

Outro asunto que se tratou na comisión de Urbanismo foi o posible cambio de localización do Museo Municipal, trasladándoo á Sala Valente, un emprazamento que “lle daría moito realce e tería moito máis éxito”, segundo afirma Gonzalo Jácome.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.