Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A cidade de Ourense contará cun novo e céntrico espazo para o lecer dos cidadáns: estará emprazado entre o Parque de San Lázaro -e servirá como continuación deste-, fronte á Subdelegación do Goberno. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, cre que “esta idea vaille dar un pulo fortísimo á cidade”, ao tempo que reforza a vontade do grupo de goberno de reordenar o tráfico rodado e peonalizar novas rúas.

Gonzalo Pérez Jácome anunciou esta mañá que o Concello solicitará tres borradores para este proxecto a outros tantos estudos de arquitectura, “e de aí escolleremos o mellor para a cidade”, garante. Porén, a idea do rexedor inclúe unha fonte central, árbores e un deseño urbano “con grandes melloras”.

A creación desta praza obrigaría a reordenar o tráfico rodado, en principio, por tras da Subdelegación do Goberno e pola rúa de Xoán XXIII, quedando as vías da contorna de “acceso restrinxido”, como xa o son as da Concordia e a do Paseo. Isto quere dicir que a parada de taxis permanecería na rúa Parque de San Lázaro, entre a intersección coas rúas do Paseo e de Santo Domingo, onde seguirá desempeñando un importante servizo para a cidadanía.

Esta ordenación do espazo que propón o goberno municipal, afirma o rexedor, influirá na calidade de vida dos veciños e permitirá que -como xa puxera de manifesto noutras ocasións- Ourense conte cunha superficie peonil continua desde o xardín do Posío até o centro da cidade.

Esta nova praza estaría en concordancia co proxecto de soterramento da rotonda de Concepción Arenal, presentado recentemente, co obxectivo último de eliminar tráfico da superficie e de lle dar prioridade aos peóns.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.