Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense avanza na elaboración do novo Plan Especial de protección do sitio de interese histórico das fontes termais das Burgas e do conxunto de interese histórico da cidade de Ourense. O salón de plenos acolleu esta mañá a xuntanza da comisión de seguimento do plan, na que participaron o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, representantes de todos os grupos políticos con representación no Concello e técnicos municipais. Na reunión deuse conta da evolución dos traballos realizados até o de agora, e os participantes emprazáronse a un novo encontro no mes de xuño, cando os grupos políticos municipais presentarán as súas propostas.

Técnicos municipais deron conta dos traballos realizados desde a anterior comisión, como son o axuste das ordenanzas xa redactadas á Lei 1/2019 de Rehabilitación. Tamén se volveron deliñar 21 das 53 mazás do ámbito de actuación do actual parcelario, case a totalidade da zona Sur, e iniciáronse os estudos económico-financeiro, e os estatísticos de edificabilidade, edificios e vivendas, comerciais e usos e demografía. O ámbito inclúe un total de 1.060 edificios, 3.170 vivendas e 1.345 garaxes.

Un dos aspectos que se subliñaron na xuntanza foi o significativo descenso de poboación na zona, que pasou de 5.793 habitantes en 2012 a 4.145 en 2020. Unha redución de máis de 1.500 persoas que se concentra especialmente nas zonas onde se desenvolve a actividade hostaleira. Un fenómeno que vai ser estudado polo miúdo por parte do Concello.

Os técnicos municipais informaron tamén de que xa están redactados os pregos de condicións técnicas para contratar a cartografía e para a elaboración do inventario - catálogo de especies arbóreas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.