Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Reducir o número de atropelos na cidade sensibilizando a peóns sobre as consecuencias dos accidentes. Ese é o grande obxectivo da campaña de sensibilización que Stop Accidentes porá en marcha nas rúas da cidade en colaboración coa Concellería de Voluntariado do Concello de Ourense e o apoio do concesionario de Renault, Luís Aragonés.

“Non perdas a túa vida, ti es o responsable quere facer ver, a través do esforzo dos voluntarios e de todos os colaboradores nesta campaña, que a vida é o máis importante que existe e que, como reza o refrán, máis vale previr que lamentar”, avanzaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación.

A campaña desenvolverase en diferentes rúas da cidade para inculcar “hábitos e actitudes saudables de convivencia entre os peóns”, sinalaba Daniel Pousada, de Stop Accidentes, e vai dirixida tanto a peóns que cruzan mal coma aos vehículos que entorpecen o paso. Unha ducia de voluntarios entregaraslles aos peóns marca páxinas con consellos sobre bos hábitos e, ademais, amosarase un pequeno vídeo.

Lugares da campaña

Os lugares escollidos correspóndense cos principais puntos negros: o 19 de abril estarán nas rúas Eulogio Gómez Franqueira, a avenida de Marín e a avenida das Caldas; o 25 de abril estarán no centro da cidade (Ervedelo, Xoán XXIII e avenida de Zamora) e para o 3 de maio na rúas Nosa Señora da Saínza e Pena Trevinca. A campaña terá unha segunda volta nos meses de outubro e novembro.

“A seguridade sempre foi o máis importante para nós, e por iso tamén está moi presente nos nosos vehículos”, apuntaba Carmen Aragonés, representante de Renault, firma que colabora na campaña cun vehículo rotulado coa imaxe da mesma. Nese sentido se manifestaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez: “Buscamos unha cidade segura para os peóns”, dixo, “un asunto que é transversal a todas as concellerías e ao que lle estamos dedicando grandes esforzos desde este goberno”.

Colaboración da Policía Local

Desde que se iniciou a campaña de prevención de atropelos, a finais de marzo, a Policía Local denunciou a un total de 50 condutores (16 por non respectar semáforo e 34 por estacionamentos indebidos que dificultaban a visibilidade en inmediacións de pasos de peóns). Ademais, apercibíronse 59 peóns por cruzar de xeito indebido a calzada e 6 foron denunciados por poñer en risco a circulación debido a este feito.

Así mesmo, o alcalde lembrou que o goberno local lle encargara un estudo á Policía Local para sopesar a posibilidade de reducir os tempos de espera para peóns en determinados semáforos, así como de limitar a 30 km/h determinadas vías. Ambas consideracións, solicitadas desde colectivos como Stop Accidentes, están sendo analizadas polos técnicos para planificar a súa viabilidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.