Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense pon en marcha a campaña de concienciación “Á caza da cabicha”, co obxectivo de sensibilizar e concienciar á cidadanía do problema medioambiental que ocasiona tirar as cabichas do tabaco ao chan. A campaña é resultado da colaboración das concellerías de Voluntariado, Medio Ambiente, Limpeza e Seguridade Cidadá, e a empresa concesionaria do servizo de limpeza, Ecourense, e será desenvolvida por Sustinea.

Durante catro venres do mes de xuño e todos os venres do mes de setembro percorrerá os barrios de O Couto, A Ponte, o centro, As Lagoas e O Posío. Participarán quince grupos de voluntarios/as co papel de informadores e educadores ambientais, e dous ou tres persoas dentro de cada grupo caracterizados, co fin de visibilizar o problema e propor solucións encamiñadas é redución das cabichas na cidade.

Dentro desta campaña realizaranse tres actuacións: Cada grupo de voluntarios realizará a recollida de cabichas que serán gardadas en envases por cada barrio, marcando a cantidade que en cada un deles se están depositando no chan. Ao día seguinte, colocarán na rúa do Paseo un cabichómetro, como o que hai nas illas Cíes, no que se exporán todas as cabichas recollidas en todos os barrios propostos.

Coa fin de visibilizar este problema e propoñer solucións encamiñadas e á redución das cabichas na cidade, ao mesmo tempo que se recollen as cabichas, voluntarios/as informarán os cidadáns do grave problema de tirar as cabichas sen control ao chan, aos espazos naturais, ou nos parques infantís: non só afean a nosa cidade, tamén son un dano medioambiental xa que son un elemento non biodegradable. Ademais, farán unha performance con 2 ou 3 persoas que caracterizados dun xeito rechamante, representando un futuro sen aire limpo e con cidades lixosas.

A campaña

A campaña buscará tamén o beneficio para o tecido económico da zona facendo que bares, cafeterías e demais establecementos atopen vantaxoso para si ter unha rúa limpa e libre de cabichas. Os establecementos que se sumen á campaña por un Ourense máis limpo e cívico serán premiados cun selo distintivo que indique o seu compromiso, publicidade nas redes sociais e na revista dos centros educativos.

A campaña de accións de rúa estenderase durante 9 semanas (os días 9, 16, 23 e 30 de xuño, e 1, 8, 15, 22 e 29 de setembro), pola mañá. Na última semana de xuño quedará exposto o cabichómetro na rúa do Paseo. Desde o 1 de xuño comezarase a traballar cos establecementos e bares, para que se sumen a campaña e podan acoller o selo distintivo.

Sancións

A ordenanza municipal de limpeza aprobada en sesión ordinaria celebrada o día 9 de marzo de 1995, no seu artigo 7.1 prohibe botar á vía pública todo tipo de residuos. No artigo 43.1.a) o considera infracción leve e no artigo 44.1.a) dí que a multa para infraccións leves é de 90,16 €

A lei 39/2015 de procedemento administrativo no seu artigo 85.3, por pronto pago reduce un 20% a multa.

Os pasos son:

  • Informe da Policía local ou de inspectores denunciando os feitos.
  • Informe do Servizo (Sanidade) sobre os feitos para preparar o decreto de incoación do expediente.
  • Decreto de incoación de expediente sancionador simplificado.
  • Notificación do decreto de incoación ó inculpado.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.