Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense unirase á celebración, o día 5 de decembro, do Día Internacional do Voluntariado, cunha serie de actividades divulgativas e de sensibilización que se realizarán o luns, 5, e o mércores, 7.

Comezarán cunha Feira de Solidariedade e Voluntariado nunha carpa instalada na Praza Maior, o luns, de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 horas. Nela divulgarán o seu traballo moitas entidades que traballan ao longo de todo o ano en ámbitos como a atención ás persoas maiores, persoas con mobilidade reducida, infancia, lecer, cultura, inmigración, medioambiente, e outras que axudan a persoas da cidade que sufren enfermidades: Amencer, APES, Amigos da Terra, Amarante, Cruz Vermella, Scouts ASDE, AODEM, Alcer, Xarela, Cáritas, Cooperación Internacional, Sustinea, ASPANAS, Asociación de Voluntarios de Protección Civil, Solidariedade Internacional, Fundación Juan Soñador, Asociación diabética Auria, Banco de Alimentos, Akana Romanes, Nico contra o cancro infantil e Asociación de fibromialxia e fatiga crónica.

Tamén haberá actividades durante todo o día, como animación de rúa, graffiti de contedores de vidro na Praza Maior con motivos de voluntariado, música, obradoiros de chapas, pulseiras, globoflexia e un inchable para os/as máis cativos/as.

Ás 17:00h, haberá unha mesa redonda na que se exporán experiencias de voluntariado con persoas voluntarias e técnicos das entidades participantes.

O mércores, 7 de decembro

As actividades continuarán o mércores, 7 de decembro, cun concerto polo Día do Voluntariado, no que actuarán os grupos Amarela (20:00h) e The Tetas´Van (21,00h), que terá lugar no Café Cultural Auriense.

Ourense, voluntaria

Medio millar de persoas voluntarias en Ourense

Na Concellería están inscritos un total de 510 persoas voluntarias, con ampla maioría de mulleres (399) fronte aos homes (196).

As persoas voluntarias teñen un perfil moi variado, con idades, inquedanzas, profesións e estudos moi distintos, persoas empregadas e tamén moitas desempregadas, xubiladas, estudantes da Universidade (sobre todo os que estudian unha carreira con perfil social, tales como Traballo Social, Educación Social, etc). En actividades de carácter lúdico, tamén participan adolescentes, sempre maiores de 16 anos con autorización pai/nai ou titor/a legal.

Información e contacto

A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Ourense, atópase na Praza de San Martiño, nº2, baixo.

Tanto alí como na páxina web www.ourensevoluntario.org, pódense atopar todas as novidades, noticias, oferta formativa, lexislación, imaxes das accións formativas, ligazóns, etc, como canle de comunicación entre a Oficina Municipal de Voluntariado, os voluntari@s, as entidades e o resto da cidadanía

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.