Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O mércores 18 de xaneiro tera lugar a primeira reunión do proxecto Social Enterpreneurship for Younger´s Emporwerment, presentado pola Concellería de Xuventude do Concello de Ourense ao programa Erasmus+ na liña KA1, de Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe: Intercambios Xuvenís. O obxectivo é preparar 50 mozos e mozas (25 ourensáns e outros tantos británicos) nun programa de capacitación para crear empresas de economía social. Noutras palabras, coñecer a cultura empresarial de Ourense no eido social e compartir ideas coa mocidade ourensá para desenvolvelas, posteriormente, no Reino Unido.

A reunión servirá para planificar as accións preparatorias da visita ás empresas seleccionadas co apoio da CEO así como o Meccano de Iniciativas Sociais, baseado en dinámicas de grupo, co obxectivo de queos participantes adquiran as competencias para transformar a súa idea nunha empresa social.

Á cita acudirán, xunto coa concelleira de Xuventude e unha técnica desa área, dúas persoas do London Business Partnership Limited, socio británico do Concello de Ourense neste proxecto, a empresa Eosa, encargada da xestión do proxecto, e a CEO, encargada de xestionar a visita ás empresas cuxo obxectivo empresarial se corresponda coa cobertura dunha necesidade social.

Creación de empresas de economía social

Os intercambios pretenden proporcionarlles aos mozos participantes as habilidades necesarias para poñer en marcha o seu propio negocio como vía alternativa á busca de emprego. Ao mesmo tempo, as competencias adquiridas debe servir para transformar a súa conciencia social nunha empresa social. Desta forma, preténdese axudar os mozos cualificados á creación de empresas de economía social, a fin de satisfacer as necesidades non atendidas da poboación carente.

Do mesmo xeito, cubrir o desaxuste horizontal existente entre a educación das persoas máis novas que completaron a súa formación superior e as súas competencias en materia de emprendemento. E, de forma transversal, proporcionarlles aos participantes unha experiencia multicultural no estranxeiro.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.