Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Vintecinco mozos ourensáns e outros tantos británicos beneficiaranse do programa de mobilidade “Erasmus +” de economía social. A concelleira de Xuventude do Concello de Ourense, Sofía Godoy, e representantes da Confederación Empresarial de Ourense, do London Business Partnership Limited, socio do Concello neste proxecto, e a empresa Eosa, encargada da xestión, participaron nunha xuntanza de traballo na CEO para avanzar na planificación das accións que se desenvolverán ao abeiro desta iniciativa: o proxecto “Social Enterpreneurship for Younger´s Emporwerment”, presentado polo Concello de Ourense ao programa Erasmus+ na liña KA1, de Mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe: Intercambios Xuvenís”.

O obxectivo que se persegue é preparar 50 mozos/as (25 ourensáns e outros tantos británicos) nun programa de capacitación para crear empresas de economía social. Noutras palabras, coñecer a cultura empresarial de Ourense no eido social e compartir ideas coa mocidade ourensá para desenvolvelas, posteriormente, no Reino Unido.

Os intercambios pretenden proporcionarlles aos mozos participantes as habilidades necesarias para poñer en marcha o seu propio negocio como vía alternativa á busca de emprego. Ao mesmo tempo, as competencias adquiridas debe servir para transformar a súa conciencia social nunha empresa social. Desta forma, preténdese axudar os mozos cualificados á creación de empresas de economía social, a fin de satisfacer as necesidades non atendidas da poboación carente.

Do mesmo xeito, cubrir o desaxuste horizontal existente entre a educación das persoas máis novas que completaron a súa formación superior e as súas competencias en materia de emprendemento. E, de forma transversal, proporcionarlles aos participantes unha experiencia multicultural no estranxeiro.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.