Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense abrirá o día 1 de febreiro unha nova convocatoria para que mozos e mozas da cidade poidan optar aos locais de ensaio do Espazo Lusquiños (Av.Marín). Para a primeira convocatoria de 2017, a principal novidade é que poderán solicitar locais non só grupos musicais noveis, senón tamén solistas, tanto instrumentais como vocalistas, aínda que os colectivos terán preferencia sobre as peticións individuais.

Durante todo o mes de febreiro poderán solicitarse os locais, entregando por Rexistro Xeral (na planta baixa da Casa do Concello, de 9:00 a 14:00 horas) o formulario dispoñible na páxina web do Lusquiños ou na sección de impresos de www.ourense.gal. Co impreso, é necesario presentar unha fotocopia do DNI dos integrantes da banda, así coma un breve currículo e unha foto do conxunto. No caso de haber menores de idade, a documentación deberá ir acompañada dunha autorización familiar.

Poderán indicar un horario de preferencia, en función das súas necesidades, xa que se ofertan luns, mércores e venres de 17 a 22 horas e os sábados de 11 a 15 e de 17 a 22h. Esta quenda servirá para adxudicar o uso dos locais por un período de 6 meses. As quendas de ensaio son de tres horas repartidas en dúas sesións semanais de hora e media cada unha.

Trátase dun servizo público de titularidade municipal destinado a facilitar un espazo para o ensaio musical totalmente equipado e de xeito gratuíto en condicións de igualdade para a mocidade de Ourense. Actualmente, e froito da anterior convocatoria realizada polo Concello o pasado verán realizan os seus ensaios nos locais do Espazo Lusquiños un total de 17 grupos da cidade, de diferentes estilos musicais.

Catro locais de ensaio totalmente equipados

O Espazo Lusquiños da Mocidade está integrado por catro locais de ensaio totalmente equipados, o que permite que só haxa que levar o instrumento e os cables. O backline de cada sala de ensaio consta dunha batería Tama Imperialstar e un set de pratos Meinl, un amplificador de baixo Fender Rumble 350, un amplificador de guitarra Fender FM212R e un equipo de voces con dúas caixas de 400W e mesturador de 8 canais de micro e 4 liñas estéreo, así como micros. Dous dos locais contan a maiores con outro ampli de guitarra.

Documentación anexa

Impreso de solicitude de locais de ensaio

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.