Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense informa da apertura do prazo para anotarse na campaña Acción de Verán que promove a Dirección Xeral de Xuventude, e na que organiza 'Un rural para tod@s', un campo de traballo social e medio ambiental de ámbito internacional que se desenvolverá do 1 ao 11 de agosto de 2017 e no que poderán participar 20 mozos de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. 

Destas prazas, 7 estarán destinadas a rapaces residentes na comunidade galega, as restantes xestionaranse directamente desde a Dirección Xeral de Xuventude. A Cota de participación será de 110 €. Para inscribirse, é necesario facelo vía telefónica nos número da Delegación Territorial de Xuventude e Voluntariado de Ourense (988.386.120).

O campo consistirá no acondicionamento de terreos abandonados e cedidos para uso eco agrícola por parte de colectivos en risco de exclusión social. Tamén se dotarán os terreos de elementos de apoio para o cultivo da terra, coma un alpendre para a almacenaxe e un invernadoiro, deseñarase da horta para a plantación de verduras de outono inverno, e haberá unha importante formación e asesoramento para a comercialización de produtos agrícolas.

Pero ademais, haberá tempo para visitar as termas da cidade e para bañarse no río, así como para outras actividades que animen ao intercambio social e cultural: ir de tapeo pola cidade, charlas de carácter social por parte das entidades colaboradoras do proxecto, rutas interpretadas pola cidade e visitas aos lugares de maior interese da nosa contorna.

O aloxamento durante as datas do campamento será na residencia xuvenil López Florentino Cuevillas (Rúa de Arturo Pérez Serantes, 2, 32005 Ourense)

No seguinte enlace pódese atopar toda a información relativa aos distintos Campos de Traballo que oferta a Consellería de Política Social e toda a documentación que hai que presentar: Xuventude.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.