Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense abrirá o venres, día 5 de maio, o prazo de inscrición para que mpozps e mozas podan participar nas actividades incluídas no segundo bloque do programa “Ociourense Xove 2017”. Esta é unha iniciativa que desenvolven as Concellerías de Sanidade e Xuventude que oferta propostas de lecer para mozos e mozas de entre 14 e 30 anos durante as fins de semana.

Neste segundo bloque están incluidas as actividades: Piraguismo, Escalada, Camiñar na Noite, Ourengym, Inicio ao Running, Baile Urbano, Defensa persoal, DJ+VISUAIS, Cócteles sen alcol e Foto en Ruta.

As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse na páxina web do programa: www.ociourense.es

Festival de Novos Talentos Youth Talent

Tamén estes días, e ata o 9 de maio, está aberto o prazo de inscrición para participar no primeiro Festival de Novos Talentos Youth Talent, que organizan a Concellería de Xuventude e a Agrupación Queixumes dos Pinos, coa finalidade de proporcionar á mocidade a oportunidade de amosar o seu potencial artístico.

Poderanse inscribir mozos e mozas de 12 a 35 anos, na Concellería de Xuventude e en Queixumes dos Pinos. Participarán os días 13 e 14 de maio nun cásting, no que 3 persoas do ámbito do espectáculo valorarán as súas actuacións de canto, música, danza, maxia, teatro ou calquera actividade escénica. Seleccionaranse 12 actuacións que pasarán á gala final que se celebrará o 11 de xuño en Queixumes dos Pinos.

Nesa final haberá un xurado que avaliarán as actuacións para elixir os tres primeiros postos. Eses tres primeiros terán un trofeo e xestionarase a súa presenza nun programa da TVG. O primeiro dos tres participará en Multiculturas 2017, en Lloret de Mar.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.