Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense procede a convocar axudas en materia de xuventude para o exercicio 2017, de conformidade coas bases reguladoras, aprobadas en XGL en sesión ordinaria o dia 4 de febreiro de 2016 e posteriormente publicadas no BOP, o día 1 de marzo de 2016.

Con estas subvencións preténdese fomentar e consolidar a participación dos xóvenes na vida social, potenciando a súa capacidade de organización e autonomía dentro dos diferentes ámbitos sociais, facilitando o desenvolvemento de actividades por parte das asociacións xuvenís.

Esta convocatoria servirá para a racionalización de esforzos conxuntos no ámbito da xuventude, favorecer o asociacionismo e reforzar os lazos de cooperación e solidariedade social entre xóvenes, as súas organizacións e o resto da sociedade e institucións.

Obxecto e Finalidade

O obxecto da presente convocatoria é subvencionar actividades en materia de xuventude dirixidas a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 15 e os 35 anos, a realizar durante todo o ano 2017.

Entenderase como actividades puntuais subvencionables as seguintes:

  1. Actividades dirixidas ao fomento e a participación do colectivo mozo e que se desenvolvan e realicen no termo municipal de Ourense.
  2. Programas de dinamización e animación xuvenil, sociocultural e psicosocial de carácter formativo ou de prevención de conductas de risco.
  3. Actividades de tempo libre e de lecer.
  4. Actividades relacionadas coa diversidade intercultural.
  5. Actividades para o fomento do espiritu emprendedor e para incentivar os valores de creatividade, iniciativa, responsabilidade e innovación na educación e formación dos mozos/as.
  6. Actividades de mobilidade xuvenil.

Crédito orzamentario

A subvención regulada nesta convocatoria concederase con cargo á aplicación orzamentaria 190.3370.48000 dos orzamentos do Concello de Ourense para o exercicio 2017, reservándose para tal fin o correspondente crédito do orzamento, por un importe globalmente considerado de 15.023,86 euros.

Solicitudes: prazo e forma

As solicitudes de subvención presentaranse no modelo normalizado que se achega coas bases reguladoras. Os impresos de solicitude da subvención (anexos) e canta información precise para a súa presentación, serán facilitados pola Concellería de Xuventude e na páxina web do Concello de Ourense (www.ourense.gal ).

As solicitudes serán dirixidas ao Excmo. Alcalde-Presidente do Concello de Ourense, achegando a documentación solicitada nas bases reguladoras e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense, sito na Praza Maior nº 1 ou en calquera dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense

Máis documentación

Boletín Oficial da Provincia do 5 de xuño de 2017 (pdf)

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.