Sofía Godoy, concelleira de Xuventude, animou a mocidade a apuntarse nestes obradoiros porque servirán “para sacar o mellor deles mesmos, pero tamén para pasar unhas xornadas moi divertidas”, dixo.
Os obradoiros
- Motivación para medrar e acadar as túas metas. Venres 30 de xuño Botánico de Montealegre. Obxectivo xeral: Axudar aos participantes a aumentar o seu nivel de motivación e de autoestima que lles permitan mellorar a súa empregabilidade e facilite a súa inserción no mercado laboral.
- Comunicación para o éxito. Venres 30 de xuño. Botánico de Montealegre. Obxectivo xeral: Mellorar a nosa comunicación para lograr transmitir o mensaxe de forma eficaz.
- Coaching para coñecerte e mellorar. Venres 21 de xullo. Castro de Santomé. Obxectivo xeral: Como mellorar o noso proxecto como emprendedores a través do coaching.
- Teambuilding con Paintball. Sábado 19 de agosto. Lakatos Paintball de Seixalbo. Obxectivo xeral: Mellorar a capacidade de traballo en equipo dos participantes, dotándoos de ferramentas que lle permitan alcanzar unha elevada eficiencia nun ambiente laboral satisfactorio.