Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Mozos e mozas de Ourense poderán desfrutar este ano dunha experiencia formativa en Irlanda e Reino Unido a través do programa Galeuropa. O proxecto de mobilidade transnacional xuvenil presentado polo Concello de Ourense foi aprobado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, polo que por segunda ocasión, mozos e mozas de Ourense terán a oportunidade de acceder a esta oportunidade formativa, que se desenvolverá desde o día 1 de outubro ata o 30 de novembro.

O proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, ofertará 5 prazas con destino a Irlanda e 4 con destino a Reino Unido. A mobilidade inclúe gastos de viaxe, manutenación, seguro, aloxamento, curso de idiomas e realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas.

O Concello abrirá a semana próxima o proceso de selección de participantes. As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde o mércores, 26 de xullo, consultar as bases no taboleiro de anuncios e páxina web do Concello ou solicitar máis información na Concellería de Xuventude, na Praza de San Martiño, 988388154,

As persoas participantes deberán ter un mínimo de 18 anos de idade e menos de 30 e estar inscritos no ficheiro do sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Datos de interese

  • Idade mínima dos/as participantes: 18 anos
  • Lugar e forma de presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse en ficha de inscrición (anexa ao anuncio das bases, colgadas na web do Concello no Rexistro Xeral do Concello de Ourense.
  • Prazo de presentación de solicitudes: 20 días contados a partir do seguinte do anuncio da convocatoria no Taboleiro de Anuncios do Concello de Ourense (o 24 de xullo), tamén se anunciará na web e nas redes sociais do Concello de Ourense e da Concellería de Xuventude.
  • Número de mobilidades ofertadas por países de destino: IRLANDA (5) e REINO UNIDO (4)
  • Duración das mobilidades: 2 meses (do 1 de outubro ao 30 de novembro)

Bases da convocatoria (pdf)

Listado provisional do Programa Galeuropa (pdf)

Listado definitivo dos beneficiarios de Galeuropa (pdf)

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.