Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Asociación Xuvenil Amencer organiza o XXXIII Campamento Urbano de verán en colaboración ca Concellería de Xuventude. Este ano desenvolverase do 3 ao 13 de agosto, e estará aberto á participación de todos os rapaces de entre 8 e 16 anos de idade, especialmente a aqueles que non poden gozar doutras opcións de ocio en verán por motivos diversos -estudos, nivel económico...-.

Preténdese facer gozar do tempo libre dos pequenos de maneira educativa e retomar os contactos sociais logo deste tempo de confinamento, polo que se tomarán moitas máis precaucións, pero seguirase celebrando co mesmo espírito de sempre: “unha cita aberta, libre, gratuíta, urbana e continua”, en palabras da concelleira Flora Moure.

Algunhas das principais medidas adoptadas son:

  • Organización de tres campamentos urbanos cun máximo de 250 participantes para cada un deles: de 8 a 10 anos e de 11 a 13 en horario de mañá; e de 14 a 16 en horario de tarde.
  • Obrigatoriedade da inscrición previa ao inicio da actividade.
  • Obrigatoriedade de realizar unha declaración responsable por cada participante (animador/a e rapaz/a).
  • Información das familias coa organización do campamento en caso de baixa por enfermidade.
  • Grupos de convivencia autónomos e permanentes dun máximo 15 rapaces/as cun mínimo de 2 animadores/as.
  • Formación hixiénico-sanitaria de todos os participantes (animadores e rapaces).
  • As entradas e saídas serán distribuídas en distintos horarios.
  • Utilización de diferentes espazos na cidade en grupos de máximo 15 rapaces máis animadores/as.
  • Realización de actividades que teñan en conta o distanciamento físico.

Distancia social / Distancia física

As especiais condicións destes últimos meses fan máis necesario se cómpre a celebración deste ano. Segundo os educadores, a rapazada precisa de contacto social, algo que debe ser compatible coa distancia física e coas medidas de seguridade hixiénico sanitarias. Farase especial insistencia en empregar o maior número de espazos o aire libre da cidade para realización destas actividades -parques, prazas, instalacións públicas, etc.-, pero tamén no tocante ás medidas hixiénicas: xel, utilización de máscaras para os participantes, material e lugar propio e exclusivo para cada grupo de convivencia, aprender a controlar a temperatura persoal; limpeza entre todos e con persoal profesional dos materiais e instalacións utilizadas.

O número de participantes no Campamento Urbano de Ourense foi medrando, dende os 170 rapaces e rapazas da súa primeira edición a unha media de 850 na última edición.

INSCRICIÓNS: Páxina web de Amencer

 

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.