A II Carreira Popular de San Silvestre, que se celebrará o domingo 31 de decembro de 2017 a partir das 16:00 h. polas rúas da cidade, foi presentada no salón de plenos do Concello de Ourense coa presenza de organizadores e patrocinadores. Incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, estará controlada polo Comité Galego de Xuíces e cronometradores da FGA – Delegación de Ourense, e conta cos pertinentes seguros de accidentes e de RC para os participantes, organizadores e voluntarios.
Poderán participar nesta proba atletas federados e populares, e realizarase unha clasificación conxunta. As inscricións realizaranse a través da web www.carreirasgalegas.com, e estarán abertas ata o 27 de decembro de 2017 ás 20:30 horas. O custe é de 5 euros para as categorías Sub18, Sub20, Sub23, Senior e Máster, e para o resto de categorías será gratuíta.
A recollida de dorsais e chips terá lugar o sábado 30 de decembro de 2017 no lugar e horario que a organización comunicará por correo electrónico con suficiente antelación.
Carreira Solidaria. De xeito voluntario, cada participante poderá facer unha dozaón “Dorsal 0” destinada á Cruz Vermella Ourense
Percorrido
- 1 Volta Grande 2,5 Km. (Aprox.) Saída e meta Xardín do Posío.Xardín do Posío - Rúa Padre Feijóo - Rúa Colón - Praza Maior - Rúa Barreira - Rúa Burgas - Rúa Desengaño - Avenida de Pontevedra - Rúa Lamas Carbajal - Rúa do Paseo - Rúa Concordia - Rúa Santo Domingo - Praza do Ferro - Rúa dos Fornos - Rúa Unión - Praza do Trigo - Rúa Hernán Cortés - Rúa Prieto Nespereira - Rúa Lugo - Xardín do Posío.
- 2 Voltas = 5 Km. (Sentido horario)
Horarios
- Pitufos: A las 16,00 horas. 70 metros no Xardín do Posío.
- Sub10 e sub 12. Ás 16:10 horas. 1 volta pequena
- Sub 14 e sub 16. Ás 16:25 horas. 1volta grande
- Absoluta. Ás 16:45 horas. 2 voltas grandes.