As seguintes persoas xurídicas proveedoras de bens e servizos ao Concello de Ourense:
estarán obrigadas a partir do 15 de xaneiro do 2015(*) ao uso da factura electrónica e a súa presentación a través do Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado (FACe) https://face.gob.es, por tanto a partir do 15 de xaneiro de 2015 o Concello procesará e tramitará as facturas presentadas a traves da plataforma FACe. A páxina de FACe proporciona a información necesaria para a emisión e consulta das facturas presentadas, así como axuda para solución de incidencias.
Dende o 4 de novembro de 2015 están dispoñibles novas unidades tramitadoras para o Concello de Ourense, pode consultar estas novas unidades tramitadoras na páxina de fACe. Por favor utilice o código da unidade tramitadora responsable da factura que desexa dirixir ao noso organismo. É preferible que a factura presentada utilice a versión 3.2 do formato de factura electrónica.
Sobre o concepto de factura electrónica pode obtenerse inforamación na páxina http://facturae.gob.es
(*)art. 4 e disposición final 8ª da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público.