Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Por primeira vez na súa historia, La Guardia Real visitará a cidade de Ourense para a dar a coñecer a súa labor, tratándose da unidade militar ao servicio de S.M. el Rey. O martes ás 10:00 horas, o mando da Guardia Real, o coronel de infantería Eduardo Diz Monje, presentará no Concello xunto ao alcalde, Jesús Vázquez, as actividades que se desenvolverán na cidade, como son exposicións, pasarrúas, un concerto, parada militar con xura de bandeira e desfile.

O alcalde, Jesús Vázquez, agradece a esta unidade militar ter elixido Ourense para un evento das características que se anunciarán o martes, “por tratarse dunha honra para esta cidade acoller un acto para dar a coñecer aos cidadáns as diferentes actividades e misións que realiza este corpo, que constitúe a representación das Forzas Armadas ao servicio da S.M. el Rey, ao estar formada por forzas do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire e Corpos Comúns das Forzas Armadas”.

De feito, o pasado 07 de febreiro o rexedor ourensán recibira no Concello a representantes da Guardia Real (o comandante de Relacións Institucionais da Guardia Real, Francisco Javier Rodríguez; o comandante de Operacións, David Ramajo, e o tenente de Loxística da Guardia Real, Gonzalo de León), acompañados polo subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Donsel.

No transcurso daquela reunión de traballo, na que tamén participaron os concelleiros Jorge Pumar, Belén Iglesias e Carlos Campos, así como a intendente xefe da Policía Local, María Barrera, establecéronse as liñas de cooperación co Concello para a proposta formulada pola Guardia Real: realizar en Ourense un acto para dar a coñecer a labor deste corpo.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.