Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno


O Concello de Ourense e a Universidade de Santiago realizarán un estudo conxunto sobre iluminación e contaminación luminosa, para determinar cales deberían ser os parámetros óptimos para o alumeado da cidade. Así o sinalou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na rolda de prensa posterior a Xunta de Goberno local de hoxe, na que deu conta da aprobación de 17 asuntos e na que confirmou a convocatoria dun pleno extraordinario para a resolución de emendas e aprobación inicial dos Orzamentos do Concello, o vindeiro martes ás 10:00 horas.

O rexedor explicou que este estudo vai analizar a iluminación nocturna do Casco Histórico e das rúas adxacentes co obxectivo de poñer en marcha “unha ordenanza que regule a contaminación luminosa” e para “dar os pasos que permitan a substitución do actual sistema por novos modelos de iluminación”.
Este proxecto para renovar a iluminación da cidade e reducir os efectos da contaminación luminosa iniciaríase no Casco Vello, onde existe unha maior concentración de luz pola presenza de cartelería e pola iluminación de edificios e monumentos, pero se iría ampliando ao resto da cidade.
Expertos do Laboratorio de Contaminación Lumínica, da Facultade de Óptica e Optometría da Universidade de Santiago se encargarán de recoller os datos sobre a intensidade da luz procedente de farois, vehículos, carteis públicos e privados, e focos sobre monumentos artísticos.
Pola súa banda, o Concello coordinará as campañas de recollida e medición de datos e facilitará información sobre os sistemas de alumeado público e outras fontes de luz, como poden ser os datos de densidade do tráfico polas noites.
Con todos estes elementos, os investigadores elaborarán informes e asesorarán á Administración para a posta en marcha dunha ordenanza que permitan reducir a contaminación luminosa.
A duración deste traballo estenderase ate decembro de 2021, sen prexuízo de que determinadas investigación rematen con anterioridade o de ampliar o prazo no caso de que ambas partes o consideren oportuno.
O rexedor tamén confirmou que o vindeiro martes, 19 de xuño, ás 10:00 horas está convocado o pleno extraordinario para a resolución de emendas e aprobación inicial do orzamento xeral do Concello para o exercicio 2018 (integrado polo do Concello e do Consello Municipal de Deportes), bases de execución e anexos de persoal.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou este xoves un total de 17 asuntos.
Na Avogacía Consistorial deuse conta dun decreto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense, a partires da solicitude dun particular que arrendara ao Concello un local para acoller a AA.VV Castelo, na Carballeira. O titular solicitaba que o local fose devolto ao seu estado orixinal e o Concello atendeu esta demanda. Ademais, unha sentenza do Contencioso Administrativo número 1 estima en parte o recurso dunha particular polas lesións sufridas tras unha caída na rúa das Camelias.

No servizo de Licenzas aprobouse a concesión de licenza de obra para a colocación de dous ascensores, nas rúas Antonio Jaunsarás e Concello; para a demolición de varias construcións en Quintela; e concedéuselle a unha empresa unha prórroga para o remate da construción dun edificio na Avenida de Bos Aires. Tamén se denegou a solicitude dun particular que solicitaba unha licenza de segregación para unha parcela en Vilar de Astrés.

En Aperturas concedeuse licenza de obra para adaptar un local na rúa de San Miguel para un negocio de telefonía; para a reforma e ampliación dunha farmacia en Cardenal Quevedo e concedeuse unha prórroga para o remate das obras de adaptación dun local para instalar un comercio de produtos de óptica, na Rúa do Progreso.

En Patrimonio desestimou a reclamación de dous particulares, por non concorrer os requisitos legais que xustifican o dereito a unha indemnización: por unha caída na Praza de Abastos e por danos pola retirada dun vehículo do depósito municipal. Non se admitiu a reclamación dunha particular polos danos causados pola empresa do gas na tubaxe de saneamento dunha vivenda na rúa Camelias, ao non ser o Concello de Ourense competente para resolvela.

Aprobouse elevar ao Consello Consultivo unha proposta que estima parcialmente a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha ex funcionaria interina e requirir a un particular 107,05 euros polos danos causados nun fito na Avenida de Portugal.

Contratación aprobou autorizar a Servicios Gallegos de Minusválidos S.L. o cambio de garantía definitiva depositada no expediente de contratación do servizo de conserxaría dos Centros Cívicos dependentes da Concellería de Asuntos Sociais.

En Comercio desestimouse o recurso presentado polo titular dun establecemento situado na Praza de San Antonio contra a decisión de non concederlle a ampliación de once veladores, que se engadirían aos 14 cos que xa conta o establecemento.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.