Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Dende o acendido das luces de Nadal, cando deu comezo a campaña Ourense con luz propia, a Oficina de Turismo de Ourense atendeu un total de 1.201 turistas, un 12% máis que no mesmo período (27 novembro/7 xaneiro) dos anos anteriores (1.075 e 1.086 respectivamente). E todo elo pese a que as datas de Nadal máis significativas coincidiron en fines de semana, limitando así os festivos proclives a programar viaxes. A maioría destes turistas procedían doutras comunidades autónomas dentro do estado español e, para oito de cada dez, era a súa primeira vez en Ourense. Porén, o dato máis significativo é o aumento no número de noites na cidade.

“A tendencia é que cada vez se queden máis tempo na nosa cidade”, corrobora o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, quen apunta como causa ao “intenso programa de actividades desenvolvido nestas datas dentro da campaña Ourense con luz propia” como aliciente, afirma.

E é que as enquisas da oficina municipal rexistran un número parello de persoas que veñen pasar o día á cidade cos que se quedan dous ou máis días. Neste período festivo, foron 606 os turistas atendidos na Oficina de Turismo que estaban a pasar o día polos 595 que aseguraron quedarse dous días (303) ou máis (292). Unha tendencia que se nota, tamén, no incremento de material turístico -mapas da cidade e da oferta termal, información sobre roteiros e actividades, etc.- enviado aos hoteis da cidade desde a propia oficina de recepción de visitantes.

Por país de orixe

A orixe destes visitantes é, na súa maioría (1.057), do estado español, sendo 203 os que se achegaron de diferentes puntos de Galicia. Os estranxeiros (144) proceden de Europa (92), América (36) e do resto do mundo (16). Neste sentido, o turismo internacional supón un 41% máis do que se atendeu no mesmo período do ano anterior.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.