Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acudiu o un de febreiro, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, á xornada 'La transparencia pública en Galicia', onde a cidade de Ourense recolleu o premio á segunda cidade máis transparente de Galicia, só por detrás das de A Coruña e Pontevedra, que empatan no primeiro lugar.

O rexedor participou nunha mesa redonda sobre a “Transparencia Municipal en Galicia”, na que destacou que concibe o desenvolvemento da transparencia “coma unha nova oportunidade para estreitar relacións entre os cidadáns e a súa administración, así como un instrumento do Bo Goberno e da Boa Administración”.

Vázquez Abad agradeceu o premio entregado á cidade de Ourense, pero deixou claro que “cando se trata de falar de transparencia non estamos descubrindo nada novo: a transparencia non debe ser o mero cumprimento dunha lei concreta, senón unha actitude para establecer as mellores relacións cos veciños”, dixo.

O alcalde tamén puxo en valor a importancia da colaboración entre administracións para o desenvolvemento da transparencia, sobre todo “tendo en conta as dificultades que temos os concellos medianos no que a recursos humanos se refire”, comentou Jesús Vázquez, “cunha lei estatal que impide actualmente as contratacións”. Finalmente, o rexedor ourensán salientou que “poñer en marcha e visibilizar a transparencia conleva un esforzo que moitas veces non se ve”, afirmou.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.