Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez;o secretario general de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño; o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, e representantes de ADIF, mantiveron o 13 de febreiro en Madrid a primeira xuntanza da Comisión de seguimento do acordo para impulsar a intermodal da cidade, na que as tres Administracións acordaron a tramitación urbanística conxunta da estación co obxectivo de licitar as obras a finais do ano.

Jesús Vázquez nesta primeira reunión da Comisión de seguimento do convenio para impulsar a intermodal de Ourense, onde se concretou que xa están ratificados os acordos alcanzados polo ministro de Fomento e o presidente da Xunta e o cronograma a seguir para tramitar urbanísticamente as estacións intermodais como un proxecto conxunto a través da lei 3/2016, aprobada para o impulso de infraestruturas de especial interese público, e poder garantir a axilidade e seguridade xurídica neste procedemento.

"O compromiso avanza"

O alcalde de Ourense salienta que con esta reunión, queda probado “que estamos ante a seguridade de que o compromiso adquirido avanza cunha macroestructura que dará para Ourense unha estación intermodal asinada por Normal Foster, con todo tipo de servizos e que de xeito transversal servirá para mellorar as comunicacións con Ourense e dentro da propia cidade, superando as barreiras entre os barrios da Ponte e do Vinteún”.

Ademais, Jesús Vázquez, manifesta a súa satisfacción polo traballo conxunto e de total cooperación entre as tres administracións para que estas obras poidan estar iniciadas en 2018.

Redacción do proxecto básico

Neste encontro de traballo estase a ultimar a redacción do proxecto básico da terminal e xa se adxudicou o do aparcadoiro, polo que nas próximas semanas comezará a tramitación para desbloquear urbanisticamente o proxecto global e o conxunto da futura intermodal, incluíndo os servizos de ferrocarril, de autobús, a pasarela, o vial, a praza humanizada sobre vías e o parking.

A estación intermodal de Ourense integrará as terminais de ferrocarril e a de autobuses no mesmo espazo, constituíndo o principal nó de comunicación de viaxeiros de toda a provincia, facilitando os desprazamentos tanto aos veciños da cidade como do resto de concellos.

A citada infraestrutura incidirá positivamente no contorno que a acollerá, ao superar a barreira que as vías supuxeron na división dos barrios da Ponte e o Vinteún, ademais de que aportará unhas 300 prazas de aparcamento, algo moi necesario no barrio.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.