Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Centro Cívico Colón acollerá o xoves, 30 de marzo, a partires das 11 da mañá, unha nova reunión da Mesa de Mobilidade do Concello de Ourense.

O punto primordial será informar acerca das conclusións do grupo de traballo para a calidade ambiental, a pacificación do tráfico, a mobilidade, accesibilidade e a integración da bici en Ourense que se reuniu precisamente onte. O resultado desta reunión foi a constitución formal dunha comisión técnica, formada por representantes dos catro grupos políticos con representación no pleno do Concello de Ourense, técnicos municipais e a consultora redactora do plan inicial. O segundo paso desta comisión será informar á Mesa da Mobilidade, o vindeiro xoves 30 de marzo, do proceso de participación que se abre.

Esta comisión técnica está integrada por representantes dos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense (o concelleiro José Araújo, por parte do Partido Popular, Manuel Álvarez, de Democracia Ourensana, Juana Ageitos do Partido Socialista, e Martiño Vázquez, de Ourense en Común), ademais de por técnicos das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas e as representantes da Consultoría de Arquitectura e Urbanismo Urba+, autoras do plan inicial.

Coa constitución deste órgano ábrese un proceso de participación cuxo primeiro acto será o de informar á Mesa da Mobilidade dos pasos á seguir neste camiño, no que se quere implicar aos diversos e heteroxéneos axentes sociais, para mellorar a calidade ambiental, pacificación do tráfico, mobilidade, accesibilidade e integración da bicicleta na cidade de Ourense.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.