Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Ourense acolle desde o 9 de outubro a gravación histórica dun disco coa gran diva da ópera internacional, Cristina Gallardo. Este proxecto está auspiciado polo Concello de Ourense e conta coa colaboración de Abanca.

Baixo o título “Puentes de amor”, o repertorio afonda na máis pura expresividade e emoción dos poetas e compositores máis relevantes, incluíndo por suposto poesía galega. Ao piano estará Juan Durán, un dos compositores galegos máis importantes do século XXI en calidade de pianista e creador, Juan Durán.

Esta mañá foi presentado este proxecto cultural rigoroso e de calidade, que se gravará no Conservatorio baixo a supervisión de Antonio Cid, que é o responsable das gravacións da Orquesta Sinfónica de Galicia baixo o selo RDC. A gravación terá lugar no Conservatorio de Ourense.

“Ourense sempre é un plan perfecto. Pero no plano cultural, o outono é a época de maior eclosión desta cidade, cuxo potencial florece e deslumbra con iniciativas sorprendentes que nos sitúan como referentes indiscutibles de toda Galicia e, atreveríame a aventurar, que de toda a Península. E dentro deste marco compráceme e enorgulléceme inmensamente estar acompañado hoxe por unha das grandes divas da Ópera a nivel internacional”, recalcou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

De feito, Cristina Gallardo agradeceu ao alcalde a súa sensibilidade cultural e salientou o enorme potencial da cidade de Ourense neste eido.

Cristina Gallardo Domas é unha das sopranos máis recoñecidas no mundo. As súas versións da Boheme e Madame Butterfly son únicas, consideradas como interpretacións de referencia. É unha diva no mellor dos significados, cunha traxectoria que a levou a deslumbrar ao público presente nos mellores palacios da ópera e teatros do mundo: A Scala de Milán, o Metropolitan de Nova York, o Convent Garden de Londres, a Ópera Estatal de Viena, a Fenice de Venecia, Paris, Roma, Berlín, Munich, Colonia, Madrid, Barcelona, Sao Paulo, Mexico...

"Pontes de Amor"

E aquí e agora, Cristina Gallardo Domas escribe un novo capítulo na súa traxectoria profesional facendo historia en Ourense: protagonizará a gravación dun CD, no que baixo o título Pontes de Amor, Gallardo e Durán realizarán unha viaxe emocional a través da música e poesía de compositores como Federico Longas, Federico García Lorca, Eduardo Toldrá, Anton García Abril e o propio Juan Durán. O seguinte bloque de obras cínguese a autores como George Gershwin, Camille Saint-Saëns e George Bizet.

O repertorio afonda na máis pura expresividade e emoción dos poetas e compositores máis relevantes, incluíndo por suposto poesía galega.

“Tanto o concerto como a gravación do CD impulsan a Ourense como a unha envexable cidade cun auténtico proxecto cultural, rigoroso e de calidade. O nome da nosa cidade soará nos máis importantes foros operísticos do mundo e a voz de Cristina Gallardo, xunto ao piano de Juan Durán, interpretarán a banda sonora perfecta para unha cidade, Ourense, encantada de acoller un proxecto de semellante envergadura e calidade”, dixo o alcalde.

Jesús Vázquez rematou recalcando que “Ourense é un plan perfecto cultural durante a nosa época dourada: o outono. Comezamos co Piano Meeting que marabillou ao público deste escenario ao aire libre que foi Ourense durante 10 horas. Continuamos co Enclave de Cámara, festival de referencia musical. Continuamos co Festival Internacional de Teatro, que ata o día 15 deleitaranos co mellor do panorama teatral internacional. En poucos días acenderemos os focos do Festival de Cine Internacional, que alcanzará a súa vixésimo segunda edición. E culminaremos o outono co Ciclo de Lírica, do que falaremos próximamente e no que as sorpresas e a calidade estarán, créanme, totalmente garantidas”.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.