Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense vén de presentar as actividades ao redor do 25-N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, coas que quere visibilizar comportamentos machistas cotiás, micromachismos. Baixo a etiqueta #nonseveperoé, a Concellería de Igualdade organizou conferencias e coloquios, entre outras actividades, sobre as que destacan un acto homenaxe ás vítimas de violencia machista no 2017, a presentación do III Plan para a promoción da equidade de xénero no Concello de Ourense ou unha convocatoria para nomear tres prazas da cidade co nome de mulleres ilustres.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, sinalaba na rolda de prensa que o Concello “pon a disposición de cantas mulleres poidan estar expostas a algunha das múltiples violencias de xénero todos os recursos dispoñibles”. O programa de actividades é diverso e dirixido a un público de amplo espectro. “Centrarémonos na infancia, con con actividades infantís nos barrios e centros cívicos, e implicaremos a mocidade con concertos, proxeccións e obradoiros de defensa persoal”, dicía o rexedor.

Outras das medidas do Concello para este 25 de novembro son o primeiro Protocolo de Actuación e o Directorio de recursos fronte ás violencias de xénero. Só en 2017, o Centro de Información Municipal á Muller (CIMM) tramitou 232 expedientes e realizou 910 consultas, mentres que a Casa de Acollida para mulleres maltratadas atendeu 21 mulleres (e 20 menores), rexistrando un 67,93% de ocupación.

#NonseveperoÉ

Todas as actividades presentadas pola Concellería dirixida por Sofía Godoy están englobadas nunha campaña que quere poñer o foco sobre “frases, actitudes ou advertencias que agochan o xermolo de situacións violentas cara ás mulleres que se manifestan en plena mocidade e adolescencia e que, desde o Concello, loitaremos por erradicalas de raíz”, en palabras de Vázquez Abad. Así, elixiuse o hashtag ou etiqueta #nonseveperoé, unha alerta contra os diferentes micromachismos e comportamentos que, nun esforzo común de toda a sociedade, debemos ir erradicando.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.