Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Emprego, vén de publicar no Diario Oficial de Galicia os días festivos de carácter local para o ano 2018. No que atinxe ao Concello de Ourense, estas serán o martes 13 de febreiro, Entroido, e o luns 12 de novembro, San Martiño (o día propio é o 11, que cae a domingo).

Este calendario está elaborado polas xefaturas territoriais da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en cumprimento do disposto no artigo 37.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, así como no artigo 2 do Decreto 86/2017, do 7 de setembro, polo que se determina o calendario laboral para o ano 2018 na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 175, do 14 de setembro de 2017), segundo o procedemento establecido e en virtude das resolucións ditadas para o efecto.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.