Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

En 2018, Asuntos Sociais contará cun orzamento de 7.437.562 euros. Esto supón un incremento do 21,11% con respecto aos Orzamentos de 2014

No ano 2014, Infraestruturas e Medio Ambiente contou cun orzamento de 31.274.249, 27 euros, pois ben, no ano 2018 contará cun orzamento de 32.652.000 euros. Esto supón un incremento do 5%. É dicir, 1.377.750, 73 euros máis

Tanto en Infraestructuras como en Educación e Cultura, están previstas distintas partidas orzamentarias vinculadas directamente co ámbito social, polo que o incremento que fai este goberno respecto ós cidadás que máis o precisan non se circunscribe só ás partidas de Servizos Sociais propiamente ditas

As inversións reais suporán o 6,50% deste orzamento: a nada desdeñable cantidade 6.587.182,79 euros, aumentando esta partida en un 11% con respecto ao orzamento de 2014: 717.894,44 euros máis adicados a investimentos reais.

O alcalde anunciou que hoxe se abre un período de negociación cos grupos políticos de 15 días naturais, para que analicen o anteproxecto e aporten as súas achegas de cara á súa aprobación. “Agora son os grupos políticos os que teñen que amosar se están dispostos a permitir que a cidade conte cuns orzamentos axeitados á realidade e que siga avanzando. Apostamos porque triunfe a responsabilidade en todos os grupos e para que sexa unha realidade por en marcha medidas xa que necesita esta cidade. Nós cumprimos”

Jesús Vázquez sinalou que “presentamos un dos proxectos máis importantes que precisa neste momento a nosa cidade. Presento con moita ilusión os orzamentos que Ourense necesita para poder avanzar, impulsar e revitalizar a nosa cidade. Uns orzamentos realistas, os máis sociais da Historia. Rigorosos, feitos e traballados pensando na cidadanía, comprometidos co avance de Ourense e intentando pensar na mellora de todos e cada un os veciños deste Concello”

Ourense, 16 de marzo de 2018.-

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Facenda, Ana Morenza, presentaron esta mañá o anteproxecto de Orzamentos 2018 do Concello de Ourense. Este documento foille entregado tamén aos grupos políticos para que, nos vindeiros 15 días naturais, aporten as súas achegas ao documento de cara a súa aprobación.

Trátase “dun dos proxectos máis importantes que precisa neste momento a nosa cidade. Presento con moita ilusión os orzamentos que Ourense necesita para poder avanzar, impulsar e revitalizar a nosa cidade. Uns orzamentos realistas, os máis sociais da Historia. Rigorosos, feitos e traballados pensando na cidadanía, comprometidos co avance de Ourense e intentando pensar na mellora de todos e cada un os veciños deste Concello”, expresou o alcalde, Jesús Vázquez.

Ademáis, este é “un dos eixos fundamentais do proxecto de cidade que Ourense e os cidadáns de Ourense se merecen. Como xa lles adiantei a algúns de vós, temos listo este proxecto de cidade que, ademáis, iremos presentando nas vindeiras datas”, anunciou o rexedor.

“Chegou o momento de que os veciños saiban do traballo e esforzo deste goberno para por en marcha proxectos, medidas e avances que merecen ser recoñecidos, e que marcan tamén o inicio do que queremos que represente este goberno. A nosa preocupación polo benestar dos veciños, o esforzo inmenso polos asuntos sociais, a aposta pola formación como facilitador de emprego, o comercio de barrio, a educación e os maiores a través do desenvolvemento de accións pioneiras non só en Galicia, senón tamén en todo o país, pero tamén as infraestruturas e a sostenibilidade pensando no futuro dos nosos”.

Documentos

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.