Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

 O proxecto do Ecobarrio da Ponte foi presentado esta mañá no Salón de Plenos e o acto estivo presidido polo presidente da Xunta, alberto Núñez Feijóo e polo comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Comisión Europea, Miguel arias Cañete

Con este proxecto Ourense transformarase nunha cidade pioneira na loita contra o cambio climático, na redución de consumo enerxético e no aproveitamento dos recursos naturais enerxéticos

Un dos principais obxectivos será establecer na zona a primeira rede de xeotermia de Europa, aproveitando esta fonte de enerxía para abastecer de calefacción e auga quente a medio centenar de edificios do contorno

Suporá un investimento de 20 millóns de euros e a creación de 300 postos de traballo. A data límite para a súa creación será en 2020 e implantarase a Oficina do ecobarrio, para informar á comunidade de veciños e ás asociacións sobre as axudas e actuacións en materia de eficiencia enerxética

Ourense, 19 de marzo de 2018.-

“Hoxe é un día que marcará un antes e un despois na Historia de Ourense”. Así iniciou o alcalde, Jesús Vázquez, o seu discurso na presentación do proxecto do Ecobarrio da Ponte, -“unha auténtica revolución que chega da man da cooperación institucional, tan importante nestos momentos que vivimos, e do empeño deste Goberno Municipal por sentar as bases da gran transformación de Ourense, por implementar todo aquelo que facilite o avance efectivo e dinámico da cidade”, dixo-, que tivo lugar esta mañá no Salón de Plenos e que estivo presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e polo comisario de Acción polo Clima e Enerxía da Comisión Europea, Miguel Arias Cañete.

“Presentamos un proxecto de innovación, de sostenibilidade, pero sobre todo un proxecto de orgullo e de futuro: a realización dun proxecto integral de referencia a nivel internacional, á altura de cidades do Reino Unido, Dinamarca, Finlandia... relacionado coa eficiencia enerxética, a sostenibilidade medioambiental e a descarbonización a nivel de barrio no ámbito urbán, no noso barrio de A Ponte. Esto suporá unha drástica reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro xerados pola actividade propia do barrio, o máis populoso da cidade, con 27.000 habitantes”, explicou o alcalde ourensán. E este barrio, no seu conxunto, coas súas 10.310 vivendas, os seus 16.629 vehículos e os seus 27.000 habitantes, teñen un consumo enerxético total anual de 86.247 Mwh/ (megavatios)/ano, onde se inclúen os edificios privados e públicos, o alumeado público e o transporte tanto público como privado.

Reducir estas cifras mediante o aproveitamento enerxético renovable e convertir ao barrio de A Ponte nun exemplo a nivel mundial é a filosofía deste proxecto, tal e como se puxo de manifesto na presentación.

No tocante aos aspectos concretos, a previsión é que o proxecto do Ecobarrio se desenvolva nesta primeira fase en 31 edificios públicos e 18 privados. Esto supón a aplicación destas medidas en máis de 92.000 metros cadrados de superficie construida, onde a aplicación práctica será na xeración de enerxía renovable, na iluminación pública e na implantación da mobilidade sostible.

Referente internacional, calidade de vida, futuro e oportunidades

“Que Ourense se convirta en referente internacional, en todo o mundo, no que ao aproveitamento de enerxías renovables é, por si mesmo, unha das noticias máis importantes que recibe esta cidade nas últimas décadas. É por iso, hoxe é un día de orgullo e no que quero facer partícipe a toda a cidadanía”, proclamou o alcalde, Jesús Vázquez. “Que mediante este proxecto se mellore a calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio da Ponte e o seu acceso á enerxía é, sen dúbida, un motivo máis que xustificado para sentirnos orgullosos de ter acadado algo tan innovador, pioneiro e revolucionario”.

O rexedor ourensán tamén abundou en que este proxecto suporá a creación de novas oportunidades de negocio, e de impulsar o coidado do Medio Ambiente e a Sostenibilidade a través de fontes de enerxía renovables a nivel local. “E isto, autoridades, compañeros, veciños e amigos, facémolo á Ourensana, dentro do proxecto de cidade“Ourensanamente sostible”.

Documento completo Proxecto Ecobarrio (pdf)

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.