Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

  • As bibliotecas municipais e a Aula de Natureza de Oira acollerán actividades para escolares durante as vacacións de Semana Santa co gallo de conciliar a vida familiar e laboral das familias ourensás. A concelleira de Educación, Belén Iglesias, presentou esta mañá unha programación que responde a un triplo obxectivo: ¨axudar á conciliación, ofertarlles aos nenos e ás nenas actividades nas que teñan a oportunidade de aprender xogando, e contribuír á súa socialización”. As actividades están dirixidas a nenos e nenas desde os 4 até os 11 anos.

As familias poden inscribirse desde hoxe na Concellería de Educación -Praza de San Martiño, 2-, nas diferentes bibliotecas municipais (San Francisco, A Carballeira e A Ponte), no punto de lectura do Couto e na Aula da Natureza do Río Miño, en Oira.

  • Os Centros Cívicos dependentes da Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense cambian o seu horario para os vindeiros 26, 27 e 28 de marzo, e 2 de abril, coincidindo coas datas de Semana Santa, coa fin de axudar a que nais e pais poidan conciliar a vida laboral e familiar. As actividades pasan do horario de tarde ao de mañá e amplíanse dúas horas. O horario será de 9:00 a 13:30 horas en todos os centros cívicos: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo.

As actividades pasan do horario de tarde ao de mañá e amplíanse dúas horas. O horario é de 9:00 a 13:30 horas en todos os centros.
As novas inscricións deberán facerse na web www.ssociaiscursos.com
Todas as nenas e nenos que estean anotados nas actividades durante o curso poden asistir sen facer outra inscrición. As novas inscricións deberán facerse nos propios centros cívicos e a través da páxina web www.ssociaiscursos.com

  • En resumo:

Centro Cívico Colón, Centro Cívico A Cuña, Centro Cívico A Ponte, Centro Cívico As Termas e Centro Cívico Seixalbo: De 9:00 a 13:30 horas. Inscricións en www.ssociaiscursos.com

Aula da Natureza do río Miño. Actividades de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 19:00 horas. Inscricións na Concellería de Educación (pza. de San Martiño 2) ou teléfono 988.510.781.

BPM A Ponte. De 10:00 a 13:30 horas, actividades relacionadas coa animación. Inscricións en Educación ou 988.605.751.

BPM San Francisco (988.230.124), Punto de Lectura de O Couto (988.222.105), e BPM A Carballeira (988.253.893), horariode actividades, de 11:00 a 13:00 horas. Inscricións na Concellería de Educación ou nos teléfonos dos centros respectivos.

Documentos

Actividades conciliación (pdf)

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.