Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

“Un paso adiante, pois, para os veciños e veciñas de Seixalbo, que poderán centralizar todos os trámites relativos aos seus intereses e demandas aquí mesmo, en Ourense. E un paso adiante importantísimo, tamén, para a conformación dunha cidade dinámica e viva en todos os seus barrios e lugares”, destacou o rexedor ourensán

Este convenio permítelle a este Concello a autorizar as intervencións no ámbito do Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo que se refiran a bens catalogados integrantes do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico, así coma das súas contornas de protección e zonas de amortecemento.

O Concello de Ourense disporá unha comisión técnica municipal composta por 7 integrantes da Concellería de Urbanismo, técnicos que, ademais da titulación, son redactores do P.E.C.I.E. de Seixalbo, aprobado o 3 de Marzo de 2017. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será informada por esta comisión de forma trimestral da relación de autorizacións e licencias concedidas

Ourense, 27 de marzo de 2018.-

O Concello de Ourense e a Xunta veñen de asinar un convenio pioneiro para axilizar as intervencións no núcleo etnográfico de Seixalbo.

O alcalde, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, rubricaron o acordo, o primeiro destas características en Galicia, que permite axilizar os trámites e os prazos das actuacións patrimoniais neste ámbito.

“Un paso adiante, pois, para os veciños e veciñas de Seixalbo, que poderán centralizar todos os trámites relativos aos seus intereses e demandas aquí mesmo, en Ourense. E un paso adiante importantísimo, tamén, para a conformación dunha cidade dinámica e viva en todos os seus barrios e lugares”, destacou o rexedor ourensán.

Este convenio permítelle a este Concello a autorizar as intervencións no ámbito do Núcleo de Interese Etnográfico de Seixalbo que se refiran a bens catalogados integrantes do patrimonio arquitectónico ou etnolóxico, así coma das súas contornas de protección e zonas de amortecemento.

O Concello de Ourense disporá unha comisión técnica municipal composta por 7 integrantes da Concellería de Urbanismo, técnicos que, ademais da titulación, son redactores do P.E.C.I.E. de Seixalbo, aprobado o 3 de Marzo de 2017.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria será informada por esta comisión de forma trimestral da relación de autorizacións e licencias concedidas

Isto é posible porque, tal como establece a lei, o Concello de Ourense cumpre cos requisitos esixidos como é que o núcleo de Seixalbo conte cun Plan Especial específico adaptado á lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e cun equipo de persoal técnico competente para o exercicio da arquitectura, a arqueoloxía e a historia da arte.

Este acordo enmárcase dentro da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia e dos acordos coa FEGAMP relativos aos trámites de autorizacións nos bens inmobles catalogados e declarados de interese cultural, os seus contornos de protección e as zonas de amortecemento de aplicación para a totalidade dos concellos de Galicia. O obxectivo é simplificar trámites e facilitar aos cidadáns os permisos de intervención nesta área.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.