Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Ourense, 16 de abril de 2018

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinaron esta mañá o convenio de colaboración para regular a transmisión da titularidade dunha parcela e a construción nela dun centro residencial e de atención diúrna para persoas con discapacidade.

De acordo co convenio asinado esta mañá, o Concello cede á Xunta unha parcela de 4.953 metros cadrados de uso dotacional público situada na rúa Cesáreo González, en Barrocas, na que se construirá este centro, que ofertará un total de 110 prazas para persoas con discapacidade.

A Xunta de Galicia convocará un concurso de ideas para a redacción do proxecto do novo equipamento, para o que ten previsto un investimento plurianual de 5 millóns de euros

O alcalde de Ourense asegurou que a sinatura do convenio supón “un paso moi importante” neste proxecto, que responde a “unha demanda dos pais de persoas con discapacidade física, psíquica e sensorial, absolutamente fundamentada, e ademais foi aprobado por unanimidade en sesión plenaria”. Jesús Vázquez subliñou o esforzo do goberno municipal porque este sexa o mandato “máis social da historia da cidade”, lembrando o centro interxeneracional recentemente construído na Farixa.

O alcade agradeceu á Xunta de Galicia, na figura do conselleiro José Manuel Rey, “a súa total disposición e esforzos inversores para facer de Ourense unha cidade mellor no eido social, asistencial... para facer de Ourense unha cidade con mellor calidade de vida”.

José Manuel Rey Varela destacou que a Consellería destina este ano unha achega económica de máis 40 millóns de euros a políticas sociais en Ourense e avanzou que o Centro de Menores de Montealegre será un centro de referencia, que contará con máis educadores dos que antes tiña e novas especialidades.

Audio da presentación

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.