Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Tres novos espazos museísticos para revitalizar o casco histórico da cidade: o Museo dos Bolechas, o Museo da Arte Medieval e o da Roda de Afiar. Foi o resultado da reunión do Comité de Cooperación Permanente entre Concello e Deputación de Ourense, celebrada esta mañá no pazo provincial e que foi cualificada como “moi frutífera para a provincia e para a cidade” polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Este proxecto de espazos expositivos pretende ser un revulsivo para a dinamización cultural da cidade e un atractivo engadido para os que visitan a capital, “que aglutina máis da terceira parte da poboación da provincia”, segundo o presidente provincial.

Museo dos Bolechas

Así, o Museo dos Bolechas, dirixido ao público infantil e ao fomento da lingua galega, ocupará as instalacións da Casa da Maxia, na praza da Ferreiría; o Museo da Roda de Afiar, un dos nosos símbolos de identidade, emprazarase nun inmoble propiedade da Deputación na rúa Monterrei e dotarase cos fondos propiedade de Florencio de Arboiro; mentres que o Museo da Arte Medieval, pendente das obras de reforma no espazo que ocupan a Igrexa de San Francisco e o Claustro, á espera que se traslade o albergue de peregrinos, será un “referente do legado románico e gótico da cidade”, en palabras do rexedor.

Non en van, “Ourense é a segunda cidade española con maior legado románico de toda España, e o museo pode converterse en peza única en Galicia para contribuír, xunto co Museo Arqueolóxico, á dinamización da nosa provincia e da nosa cidade”, dixo Vázquez Abad.

Obras no perímetro do rural

Pero a reunión deste comité de Cooperación Permanente coa Deputación deu tamén lugar a consolidar o plan de obras conxunto de ambas institucións. Se agora mesmo están desenvolvéndose as obras na rúa da Casilla, no barrio da Ponte, o Concello solicitará incluír no plan de obras provincial as actuacións na rúa do Viso, dándolle prioridade ás actuacións no perímetro rural da capital.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.