Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Un total de 169 mulleres participaron nos programas de inserción sociolaboral do Concello de Ourense durante o ano 2016 a través de 16 actividades formativas dirixidas á inclusión no mercado de traballo das persoas en risco de exclusión social. En total, foron 283 persoas as que participaron nestes itinerarios do programa Imedra organizados desde a Concellería de Asuntos Sociais e en colaboración con outras institucións.

A través dos programas Imedra, de Inmigración e de Minorías étnicas ofertáronse un total de 2.110 horas de programas, entre os que destacan o de Operacións Básicas de Cociña, Competencias Clave niveis I e II (Matemáticas, lingua castelá, lingua galega..), Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, Actividades de Venda, Alfabetización e desenvolvemento persoal ou Integración na Sociedade de Acollida. A actividade máis demandada foi a da formación teórica para o carnet de conducir, con 35 participantes mulleres por 10 homes.

A Concellería de Asuntos Sociais tamén colaborou con outras instituciójns para estes itinerarios formativos: coa CEO, a través do programa ConBoRumbo, con CIMO a través do EmpregaT ou con Sustinea -Un rural para todos-, nos que participaron 60 mulleres.

Porén, segue a notarse certa desigualdade de roles en cursos coma o do Manexo de carretilla elevadora (30 homes ningunha muller) ou Agricultura Ecolóxica (23/2), fronte á Atención Socio sanitaria (13 mulleres por ningún home) ou alfabetización (15 mulleres por ningún home).

Prácticas en empresas para 15 alumnos

O Concello de Ourense, a través do Programa de Inclusión Sociolaboral Imedra, asinou convenios de colaboración con seis empresas da cidade para a realización de prácticas non laborais dirixidas a un total de 15 alumnos do curso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Este curso forma parte das accións formativas dirixidas a persoas en risco de exclusión social do Concello de Ourense e están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e polo Fondo Social Europeo.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.