Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O vindeiro 14 de decembro a cidade de Ourense acolle o foro 'Solucións concretas ao problema do botellón', unha reunión de expertos de campos tan diversos coma os servizos sociais, a sanidade e condutas adictivas, colectivos xuvenís, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes do Concello de Ourense.Organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico, celebrarase no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense coa colaboración do Concello de Ourense a través da área de Sanidade.

A importancia deste foro quere reducir as altas taxas de consumo de alcohol, un problema sanitario de primeira magnitude na sociedade actual, con importantes causas e derivacións de orde psicolóxico e social que afectan a toda a comunidade. O problema toma unha especial gravidade no relativo ao consumo na mocidade, porque incrementa notablemente as posibilidades de adicción, así como polos graves danos sanitarios, psicolóxicos e de relación que comporta.

Neste contexto, fai anos que a explosión do fenómeno denominado “botellón” incrementou de xeito exponencial os prexuízos e riscos asociados ao consumo de alcohol, debido, entre outras, as seguintes razóns: O fomento da inxesta de grandes cantidades de alcohol, que provoca un grande incremento dos danos que esta substancia causa sobre o organismo; a diminución da idade de inicio no consumo, multiplicando danos e posibilidades de adicción; a posibilidade de iniciarse ou de aumentar o consumo noutras substancias psicoactivas; a redución do risco percibido, especialmente pola mocidade; a normalización do consumo de alcohol; e a extensión da práctica do botellón coma un acto social entre amplos sectores da nosa mocidade.

A banalización do consumo masivo de alcohol, a pouca percepción de risco que ten a mocidade así como a dificultade das intervencións neste colectivo, definen unha realidade difícil, un problema coñecido pero en absoluto resolto, ante o que é necesario intervir.

Expertos de diferentes materias

O foro, de carácter profesional, terá invitados procedentes de servizos sociais, sanidade e condutas adictivas, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes da administración municipal, autonómica e estatal; e por suposto, representantes de colectivos xuvenís. As súas propostas serán elevadas ás administracións competentes e autoridades para que sexan de aplicación inmediata.

Entre os relatores máis destacados cómpre salientar as intervencións de Patricia Santa Olalla Peralta, xefa de servizo na Subdirección General de Coordinación de Programas del Plan Nacional sobre Drogas; a da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga; Antonio Rial Boubeta. Profesor da Facultade de Psicoloxía da USC e autor de traballos para o Valedor Pobo sobre consumo alcohol na mocidade; Manuel Couceiro, presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico; ou Breogán Rivo, xefe do Grupo Operativo da Policía Autonómica.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.