Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A convocatoria das axudas foi aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello na súa sesión de data 5 de abril, está dotada cun orzamento de 243.348,47 euros, o mesmo que o ano pasado (20.000 euros para axudas a libros de texto e material escolar e 223.348,47 euros para comedores escolares)

Requisitos

As axudas están destinadas a unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello que teñan nenos e nenas ao seu cargo escolarizados en centros públicos ou concertados de Ourense, cumprindo os seguintes requisitos:

  • Para as axudas de libros e material escolar, estar matriculados en Educación infantil (3, 4 e 5 anos).
  • Para as axudas de comedor, estar matriculados en Educación infantil, Primaria ou Secundaria obrigatoria e ter praza de comedor escolar no centro, no momento da concesión da axuda.

Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
Non superar os 3.500 € de renda per capita anual. Computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%, e tamén no caso de ser familia monoparental (a constituída por unha soa persoa proxenitora ou titor/a con quen convive o/a neno/-a, e que sexa a única sustentadora da familia).

Contías

As contías das axudas en especie para libros e material escolar para Educación Infantil serán:

  • 1º de Educación infantil (3 anos): 90 € por alumno/a
  • 2º de Educación infantil (4 anos) :110 € por alumno/a
  • 3º de Educación infantil (5 anos): 125 € por alumno/a

En canto ás axudas de comedor, nos centros públicos pagarase a totalidade do custo ata un máximo de 90 € mes e nos concertados 45 € mes, se asisten de luns a venres, tendo a obriga os pais de facer fronte ao pago da diferenza.
As solicitudes deberán presentarse, debidamente cumprimentadas, no rexistro xeral do Concello de Ourense ou por calquera medio dos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións Públicas.

Poden consultarse as bases, no BOP núm. 86 do 15 de abril de 2017.

Pode consultarse a convocatoria, no BOP núm. 93 do 24 de abril de 2018ç

Documentos

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.