Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense ten atribuída a xestión dos centros cívicos municipais, ámbito no que se desenvolve o Programa de Actividades destes centros para nenos e nenas. A realización destas actividades encoméndase a profesionais e empresas que reúnan as condicións máis idóneas tanto pola cualificación do persoal técnico como pola súa infraestrutura.

É obxecto destas bases regular a selección de proxectos do programa de actividades dos centros cívicos do Concello de Ourense, consonte aos obxectivos establecidos no artigo 3 da Ordenanza reguladora dos centros cívicos municipais do Concello de Ourense, particularmente: “ofrecer alternativas de ocio e tempo libre potenciando o desenvolvemento das habilidades e as capacidades das persoas”, e “elaborar programas de carácter cultural e social que teñan como obxecto o desenvolvemento integral dos veciños e veciñas”.
Os proxectos que se presenten deberán ter en conta, na súa elaboración e programación a inclusión de elementos transversais coma a posta en valor do barrio onde se sitúa o programa, o fomento da vida saudable e a implicación solidaria e integradora co entorno veciñal e urbano.

Documentos

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.