Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O programa CaixaProinfancia que poñen en marcha o Concello de Ourense e a Obra Social “laCaixa”inicia o seu desenvolvemento na cidade, coa finalidade de prestar atención e mellorar a calidade de vida de nenos e nenas da cidade en situación ou risco de exclusión social. Desde o día 28 de novembro, xa está constituída a mesa institucional responsable do desenvolvemento do programa, e a mesa técnica que coordinará a súa execución. O programa, que será coordinado pola Fundación Juan Soñador, desenvolverase nesta primeira edición nos barrios de Covadonga, As Eiroás, O Vinteún, A Ponte e rúa Pablo Iglesias.

Na mesa institucional participan a concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e representantes da Xunta de Galicia, consellerías de Política Social, Sanidade e Educación, a Universidade de Santiago, a Obra Social la Caixa, e a rede local de entidades sociais, representada pola Fundación Juan Soñador.

Caixa Proinfancia Ourense comezou cun estudio técnico por parte da Concellería de Asuntos Sociais, que determinou as necesidades e familias que participarán no programa e as problemáticas específicas ás que se buscará dar solución. O programa pretende romper o círculo da pobreza herdada que afecta a nenos e nenas en situación ou risco de exclusión, garantindo o seu acceso a oportunidades educativas de calidade.

Intervención integral cun equipo multidisciplinar

O programa pretende un modelo de intervención integral coa infancia en situación de pobreza que se centra principalmente na relevancia da colaboración e o traballo en rede entre os diversos axentes que traballan coas familias, ofrecéndolles apoio desde os diversos ámbitos: educación, sanidade, acción social, coa actuación da administración pública e as entidades do terceiro sector.

Nos barrios de intervención porase en marcha unha mesa de traballo multisectorial que permita o traballo colaborativo, en rede e unha aproximación integral na intervención coa infancia e as súas familias en situación de risco ou pobreza, que contribúa a compartir ferramentas e protocolos de traballo previos de cada un dos sectores, a creación de ferramentas e protocolos comúns de actuación, realizar unha análise específica e compartida de necesidades de familias e menores, xunto coa achega de recursos e articulación de decisións conxuntas.

Dúas mesas de traballo

O traballo estruturase ao redor de dúas mesas paralelas, e coordinadas entre si, unha mesa institucional estratéxica, como espazo común de reflexión e toma de decisións, e unha comisión técnica, encargada da desenvolver as ferramentas de traballo, potenciar sinerxias, promover, xestionar e levar a cabo os plans acordados e a súa avaliación.

A mesa técnica está formada por persoal técnico que coñece e está en contacto directo coa realidade social, sanitaria e educativa dos barrios: traballadores sociais, técnicos de inclusión social, Universidade, centro de saúde A Ponte e centros educativos: colexios e institutos do barrio, xunto coas entidades sociais; inicialmente Asociación Xuvenil Amencer, Cáritas, Cruz Vermella e a Fundación Meniños, así como as que se poidan sumar no futuro a esta iniciativa. A Fundación Juan Soñador será a encargada de coordinar os traballos.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.