Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense volcarase este ano na celebración do Día das Letras, dedicado ao fillo predilecto da cidade, Carlos Casares. A concelleira de Cultura e Educación, Belén Iglesias, participou, na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na presentación do programa de actividades que ao longo deste ano lle renderán homenaxe en Galicia ao escritor ourensán.

O Concello, afirmou Belén Iglesias,“recibe este ano cunha especial ledicia a celebración do Día das Letras”, dedicada a unha persoa que “pola súa obra artística, a súa presenza e compromiso intelectual, forma parte substancial e imprescindible do Ourense do século XX e da herdanza que a súa pegada segue a deixar no século XXI”.

Homenaxe oficial

O salón de plenos acollerá, o día 18 de maio, un acto solemne de homenaxe con motivo da celebración do Día das Letras. Contará coa participación da familia, á que se lle fará entrega dun pergamiño conmemorativo desta celebración. A continuación celebraremos un acto público, aberto a toda a cidadanía, no que descubriremos unha placa en homenaxe a Carlos Casares, realizada polo escultor ourensán Xosé Cid. Será nun lugar moi especial: a Praza de Bispo Cesáreo, onde se atopan a sé do Liceo,

Completarase así -sinalou- a “sentida e cálida homenaxe” que a cidade de Ourense vén tributando a Casares desde o ano 2003, cando a Corporación municipal aprobou por unanimidade incoar o expediente de honra que concluíu o día 4 de abril dese ano co seu nomeamento como fillo predilecto.

Carlos Casares será o eixo da programación cultural da cidade, con diferentes iniciativas de divulgación da súa obra entre todos os públicos:

  1. Os mundos de Carlos Casares. Ourense será a primeira parada de “Os mundos de Carlos Casares”, exposición central sobre a figura, a obra e o tempo do autor, que percorrerá Galicia durante o mes de decembro para amosar contidos audiovisuais, paneis textuais explicativos, obxectos cotiás, documentos, pezas históricas e fotografías que convidan a percorrer as diferentes épocas do escritor.
  2. Roteiro. Unha ruta literaria percorrerá a xeografía vital e literaria de Casares na cidade, con parada nos escenarios emblemáticos da súa traxectoria. Escolares de Primaria coñecerán este roteiro cunha charla o 8 de maio no Auditorio.
  3. Concerto das Letras. O Auditorio será tamén escenario, o 16 de maio, do Concerto das Letras, que promove o Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello, o Consorcio de Santiago e do Consorcio para a Promoción da Música. A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, baixo a dirección de Maximino Zumalave, que interpretarán diferentes obras sobre textos de autores galegos ou de temática galega. No marco do concerto estrearase a obra Formiga, de Rubén Vizcaino, a partir dun texto do libro A galiña azul.
  4. Lectura Pública e actividades para cativos. Coincidindo co Día das Letras, o Concello convidará a cidadanía a participar nunha lectura pública de textos de Casares, nunha xornada que incluirá música e un obradoiro infantil, o 17 de maio, na Sala Valente e rúa do Paseo. O alumnado de primaria e de secundaria participará nun recital literario público promovido polo Concello, no que lerán micro-relatos escritos para a ocasión, do 15 ao 19 de maio, na Praza de San Martiño. Tamén haberá obradoiros nos que nenos e nenas traballarán cos contos Cal é a miña cor? e Un polbo xigante para animar á lectura e crear marca-páxinas. Serán do 15 de maio ao 19 de maio de 2017, nas bibliotecas municipais de Ourense.
  5. Simposio Carlos Casares. Finalmente, a cidade será un dos escenarios do Simposio Carlos Casares que a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Fundación Carlos Casares, co apoio da Xunta, desenvolverán, como peche de 2017, con conferencias e relatorios sobre a vida e a obra do escritor, no que especialistas e investigadores abordarán a súa traxectoria vital, literaria e de xestión política e cultural, así como o seu papel na proxección exterior da cultura galega.

“Homenaxe institucional, placa de lembranza, exposición, roteiro literario, concerto das letras, lectura pública, recital de escolares, obradoiros infantís e simposio -manifestou Belén Iglesias- forman un completo programa que pretende enriquecer a oferta cultural da nosa cidade, pero por riba de todo, facerlle xustiza a Carlos Casares, ese sensacional autor e inesquecible persoa, fillo predilecto da cidade, cuxa pegada e legado segue presente en toda a cidadanía de Ourense”.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.