Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O teatro, a música e as actividades para bebés centrarán a oferta cultural programada polo Concello, no Auditorio Municipal, para esta fin de semana. Para todos os espectáculos previstos, a venda de entradas estará habilitada na Sala de Exposicións Afundación (Praza Maior, 4) e na propia billeteira do Auditorio, así como en www.ataquilla.com.

  • Así, os días 2 e 3 de marzo, Trompicallo interpretará “Osiño”, en horarios de 10 e 12 horas, dirixidas ao público escolar de Educación Infantil.

Sinopse: A vida nun anaquiño de fraga, transfórmase coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa mamá. Con eles pasaremos un inverno no que Osiño ten moito frío, pero a súa mamá vaille ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos o avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito, o de cando a súa mamá, de pequena, coñeceu un paporrubio. Polo verán Osiño levaranos a dar un longo e fantástico paseo nocturno, para poder levarlle á súa mamá un pedazo de queixo moi especial. E no outono celebraremos con el e os seus amigos Porquiño, Coello e os Ratos o seu aniversario.

 

  • O día 3, “O día que chegou unha nube e choveu”, de Trompicallo. É unha obra de Teatro para Bebés, na Sala Apego, en horarios de 18h e 19h. A duración será de 35 minutos e o público é ata os 5 anos.

Sinopse: Había unha vez que non había nada máis que pedras, entón chegou unha nube, choveu e formouse un manancial. Coa chegada da auga creceu a herba e na herba as flores e as árbores, na auga naceron os peixes e as ras, despois chegaron os insectos, os paxaros, as ovellas, o lobo..., en fin, a vida. Pero, que acontece cando un día a auga desaparece?.

 

  • A música chegará o 4 de marzo da man de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en concerto. Será ás 20 horas na Sala Principal do Auditorio

Sinopse: Logo de un ano de xira e galardóns... mellor disco galego nos Premios de la Música Independiente (2016) e mellor álbum na categoría de música tradicional dos Premios Martín Códax da Música Galega (2016), e mesmo manterse no top ten da World Music Charts Europe nos meses de febreiro e marzo de 2016. Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre chegan a Ourense.

 

  • O día 5 de marzo Iriña Bailarina será a aposta teatral de Ghazafelhos.  Será ás 12 horas, dirixida ao público infantil de máis de 5 anos.

Sinopse: Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen "medidas". Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais. A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora creamos un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

 

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.