Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

O Concello de Ourense vén de abrir a convocatoria da 33 edición do Premio de Poesía Cidade de Ourense, un dos máis antigos e importantes de Galicia, e que ten unha dotación de 6.000 euros. A convocatoria está aberta a traballos presentados en galego ou portugués. O prazo improrrogable de presentación rematará ás 14 horas do 21 de abril de 2017.

O Premio de Poesía Cidade de Ourense, que este ano acada a súa XXXIII edición, está dotado cunha cantidade de 6.000 euros xunto coa publicación do libro. A él poderá optar calquera persoa que presente obras en galego ou en portugués, orixinais e inéditos, cun mínimo de 600 versos.

Presentaranse mecanografados en follas tamaño folio, en exemplar sextuplicado, debidamente grampados, cosidos ou encadernados.

Entrega

Deberán entregarse a través do Rexistro do Concello de Ourense – Praza Maior, s/ n - directamente ou por correo certificado facendo constar no sobre “Para o XXIX concurso de Poesía Cidade de Ourense”. Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.


As obras deberán presentarse baixo lema, indicando “PARA O XXXIII PREMIO DE POESÍA CIDADE DE OURENSE” nun sobre pechado. No interior, e noutro sobre pechado e co mesmo lema, figurará unha fotocopia do documento de identidade do autor (DNI, pasaporte, tarxeta de residencia), enderezo, o seu teléfono e o enderezo electrónico. Unha persoa pode presentar máis dunha obra o Premio, sempre e cando cada unha se presente de forma independente e cumprindo todos os requisitos.


O Xurado cualificador será nomeado pola Concellaría de Cultura, estará integrado por personalidades das letras galegas e portuguesas, a persoa gañadora do ano anterior e un representante da Corporación que exercerá a presidencia. A súa decisión será inapelable e terá lugar no mes de xuño.


Nos últimos anos, os nomes dos gañadores foron a coruñesa Eva Veiga, Xavier Rodríguez Baixeras (de Ribadeo), o recoñecido literato portugués Amadeu Baptista ou o eumés Xurxo Alonso.

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.