Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Natureza propia, a nova creación de Sabela Gago para Rosaura, a Aula de Teatro Universitario de Galicia, abrirá este xoves 20 de abril (desde ás 19:00 horas na praza de San Martiño) a vixésimo segunda edición da MITEU. No programa, un total de 30 espectáculos de diferentes e diversas disciplinas da expresión escénica, desde o circo ata a danza, pasando pola música e, como non, polo teatro máis clásico, e nomes tan recoñecidos coma os de Pablo Carbonell, Albert Plá ou Bruno Martins xunto aos de novos valores da escena procedentes de lugares tan dispares coma Colombia, Costa de Marfil ou Irak. Pero na festa do teatro non van faltar nomes coma os de García Lorca, Shakespeare, Baricco ou Valle Inclán, demostrando a universalidade das historias que trae a 22-Miteu.

Coma en anteriores edicións, os espectáculos dividiranse entre o Auditorio Municipal -no que se poderá ver o espectáculo Ticket, dos cataláns Clownic-, o Teatro Principal, o Campus Universitario, o Liceo, o café cultural Auriense e as propias rúas da cidade. As entradas para os espectáculos, do mesmo xeito, estarán dispoñibles nos propios espazos onde se desenvolvan as actividades, agás nos casos de que sexan gratuítas. A mestura de grupos universitarios con compañías profesionais será unha estupenda ocasión de pulsar o bo estado de saúde do teatro na cidade.

“Non concibimos a programación cultural anual desta cidade sen a mostra de teatro universitario, un espazo único para a liberdade creativa, para a liberdade en termos absolutos”, manifestaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación desta vixésimo segunda edición. O Concello de Ourense, cunha importante achega que supera os 40.000 euros, colabora ademais na produción dos espectáculos.

Toda a información, en www.miteu.es

O Concello de Ourense facilita a través deste formulario a comunicación directa entre a cidadanía e o Alcalde

Lin e acepto a política de privacidade
O Concello de Ourense como responsable desta Web tratará os datos carácter persoal que proporcione a través deste formulario. A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais que lle solicitamos é para dar resposta á pregunta realizada por vostede ao Alcalde. A lexitimación realizase a través do consentimento do interesado, sendo necesaria a confirmación dos datos por parte do interesado como medida de verificación de os datos aportados.
Informámoslle que os datos que nos facilite estará localizados nos servidores do propio Concello e nos servidores de Arsys Internet, S.L. (Arsys) con domicilio social en C/ Chile nº 54, 26007 Logroño (La Rioja) España, empresa que proporciona o servizo de correo ao Concello de Ourense. Ver política de privacidade de Arsys
O feito de que non introduza os datos de carácter persoal que aparecen no formulario como obrigatorios terán como consecuencia que non podamos atender a súa solicitude.
Poderá exercer os seus dereitos de rectificación, limitación e supresión de datos mediante solicitude realizada ante o Concello de Ourense, solicitude que poderá presentarse segundo as formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro. Tamén poderá exercer o dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control. Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa política de privacidade.